sábado, 25 de octubre de 2014

Coa Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos



Asisto hoxe en Santa Cruz de Arrabaldo a unha comida de confraternidade dos integrantes da Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos.


ATAVE, fundada en 1977 por Don Luis Aragonés, foi á primeira agrupación empresarial da provincia de Ourense inscrita no Rexistro de Asociacións Profesionais e Empresariais.

Destaca pola formación de alta calidade e realizada con total seriedade no seu centro do Cumial onde se imparten entre outros, cursos de Responsable Técnico de Taller, de formación ocupacional dirixidos a mozos desempregados, de Reciclaxe onde se poden reconverter e actualizar todos os traballadores e empresarios integrados en ATAVE.


Tamén resulta de moita utilidade o servizo técnico do Centro de Diagnose que ten como misión resolver todas as posibles dúbidas que se lle formulen no momento dunha reparación.

Presídea dende hai moitos anos Manuel Álvarez Gil, que é un grande profesional e excelente persoa, que dirixe unha Xunta Directiva que defende con eficacia os intereses comúns dos asociados.

 Parabens a todos eles!

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta