domingo, 26 de octubre de 2014

As entidades bancarias espoañolas, entres elas Abanca, superan os mínimos de capital

Esta mañá tivo lugar a publicación dos resultados do exercicio de Avaliación Global das entidades significativas da zona do euro, que realizou a EBA como paso previo á entrada en funcionamento do Mecanismo Único de Supervisión, o próximo 4 de novembro.

O gobernador, Luis M. Linde, en rolda de prensa analizou os resultados dende a perspectiva do Banco de España, e do sistema bancario español.

Afirmou que se desprendian dúas mensaxes claras:

O primeiro deles, a nivel europeo, é que, a pesar da súa gran complexidade, o exercicio se desenvolveu con éxito e alcanzado os seus principais obxectivos: mellorar a transparencia acerca da situación dos bancos europeos, identificar potenciais debilidades nos seus balances e contribuír ao reforzamento da súa solvencia.

En segundo lugar, o resultado da Avaliación Global pon de manifesto que o proceso de reforma e reestruturación do sistema bancario español acometido nos últimos anos deu os seus froitos, e que as entidades de crédito do noso país afrontan o futuro con balances saneados e unha sólida posición de solvencia.

Explicou brevemente a natureza do citado exercicio que constou de dous compoñentes: unha avaliación da calidade dos activos e unha proba de resistencia ou "stress test".

Informou que a avaliación global examinou 130 entidades bancarias de 19 países. De España 15 entidades, que representan o 90% dos activos de as entidades de depósito españolas.

Os resultados a nivel europeo que acaban de publicarse mostran que 25 entidades presentan un déficit de capital, avaliado ao longo dos tres umbrais fixados. Destas 25 entidades, 12 xa ampliaron capital durante 2014 para cubrir os seus déficits, de modo que só quedan 13 entidades que teñen que presentar os seus plans para facer fronte á súa insuficiencia de capital.

Polo que respcta ás Entidades Españolas, Linde dixo que das quince entidades españolas examinadas, catorce aproban o exercicio, é dicir, superan os mínimos de capital requiridos nas tres fases.

Abanca, no test alcanza un 9,14% de capital, a quinta mellor nota dos bancos españois, e nas análises de calidade de activos, chega ao 10,1 (o mínimo aquí era o 8%).

O Popular (que opera como Pastor en Galicia) supera o 7,56% nos test e o 10 nas análises de calidade.

Unha entidade, Liberbank, non alcanza o mínimo do 8% establecido para a avaliación global, quedando no 7,8%, é dicir, dúas décimas por debaixo do mínimo requirido.

Se ben esta entidade xa completou unha ampliación de capital superior a 600 millóns de euros, de forma que, xa cubriu ese déficit. O resto das entidades cobren con folgura os mínimos requirimentos en todas as fases do exercicio.

Linde valorou o dato de que nos últimos anos, as entidades de crédito do noso país realizaron fortes saneamentos do risco promotor inmobiliario e que ademais, na segunda metade de 2012 foron sometidas, no marco do Programa de Asistencia ao noso sistema financeiro acordado coa Unión Europea, a un exhaustivo proceso de revisión contable e a unha proba de resistencia, cuxos resultados levaron á recapitalización e á reestruturación dalgunhas entidades.
Concluíu o Gobernador recordando que en apenas unha semana o Mecanismo Único de Supervisión entrará en pleno funcionamento, e o futuro inmediato formula desafíos de primeira orde, tanto para os supervisores, que deberan adaptar as súas estruturas e formas de funcionar ás necesidades do novo mecanismo europeo, como para as entidades de crédito.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta