En A Pobra de Trives e visitando Ponte Navea


Viaxo hoxe pola mañá a Pobra de Trives onde tivo lugar a presentación de candidatos do PP de Ourense ás Eleccións Municipais correspondentes á Xunta Local de zona da Pobra de Trives.

Deu a benvida o secretario xeral do PPOU, Rosendo Fernández, en logo interveu o conselleiro, Jesús Vázquez Abad.

 No acto foron presentados os candidatos seguintes: O Bolo: Manuel Corzo Macías. É alcalde do municipio dende 1999; Castro Caldelas: Manuel Lage Blanco, é voceiro municipal do PP neste municipio dende 2011; Chandrexa de Queixa: Francisco Rodríguez Rodríguez, é alcalde do municipio dende 2011 e deputado provincial dende 1991; Larouco: Joaquín Bautista Prieto Rodríguez é alcalde dende 1998; Manzaneda: Salvador Fernández Cardoso. É a súa primeira incursión en política; Montederramo: Antonio Rodríguez Álvarez, é alcalde dende 1987; A Pobra de Trives: Jesús Prieto Pérez É a súa primeira incursión en política; San Xoán de Río: Gerardo Rodríguez Domínguez, é alcalde dende 2011; A Teixeira: Miguel Antonio Cid Álvarez, é alcalde dende 1991; Viana do Bolo: Andrés Montesinos Rodríguez é alcalde dende 2003; Vilariño de Conso: Ventura Sierra Vázquez, é alcalde dende 1996.

Pechou o acto o presidente provincial, Manuel Baltar, quen lembrou que "a 210 días das Eleccións Municipais do 24 de maio de 2015, somos a única forza política que ten actividade constante e con equipos perfectamente preparados para asumir as riendas dos 92 municipios da provincia."

Tras glosar a figura dos candidados, fixo unha sentida lembranza de Isauro Pérez González, portavoz do grupo municipal e presidente local do PP en Trives, falecido o pasado 1 de setembrbro.

No camiño de ida a este acto, aproveitando o magnífico día que facía, detívenme á altura do o río Navea, que serve de fronteira natural entre os concellos de San Xoán de Río e A Pobra de Trives, para despois de baixar un fermoso camiño vistar a súa magnífica ponte romana, coñecida como Ponte Navea

Ten un só arco, apuntado, o que indica que foi sometido a modificacións na súa estrutura en época medieval, e mais concretamente no século XVI, debido quizais a que por aí pasou o camiño de Santiago.

Nos arredores da ponte, e mais en concreto na porta de entrada a un alpendre, encontrouse no ano 1834 un Miliario, que posteriormente foi trasladado ao patio do Marqués de Trives. Este está dedicado aos emperadores Tito e Domiciano, e data seguramente da finalización da Via Nova.

Paga a pena visitar esta paraxe e coñecer este monumento.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.