martes, 30 de septiembre de 2014

PXE 2015: Galicia recibirá un investimento de 1.385 millóns de euros, o 12,3% do total rexionalizado

Como dicía na entrada anterior, hoxe entrou no Congreso dos Deputados o proxecto de lei de Presupostos Xerais do Estado para 2015 e despois de estudar o seu capítulo investidor, vemos como neles se mantén o compromiso do Executivo que preside Mariano Rajoy con Galicia, onde o Estado investiá 1.385 millóns de Euros, o que supón o 12,3% do total rexionalizado e un incremento do 2,5% respecto ao ano anterior.


O Ministerio de Fomento, que dirixe Ana Pastor, é novamente o ministerio máis investidor en Galicia. En total, destina a nosa CC.AA. 1.159,5 millóns, dos que 790,36 millóns de euros son para ferrocarrís e 224,9 irán destinados á rede de estradas, nas que o investimento experimenta un incremento do 5,1% respecto ao ano anterior. Os aeroportos galegos recibirán 30,89 millóns, mentres que o investimento en Portos ascende a 108,1 millóns de euros.

Con estes investimentos de Fomento previstos, Galicia sitúase como a 2ª CC.AA. con maior investimento per cápita de España.


A dotación consignada para o conxunto das obras da liña de Alta Velocidade Olmedo-Lubián-Ourense-Vigo (por Cerdedo) ascende a 891,40 millóns de euros, mentres que a do Eixo Atlántico, co obxectivo de poñer en servizo en 2015 o eixe entre Vigo e A Coruña, é de 133,47 millóns.

As partidas para o mantemento da rede convencional de ferrocarril ascenden a 43,07 millóns de euros.

En Estradas, dos 224,9 millóns que investirá Fomento en Galicia, 6,7 están destinados a cumprir o compromiso da ministra Ana Pastor de subvencionar as peaxes na AP-9 (supresión da peaxe no tramo de acceso a Vigo O Morrazo-Rande e inverso, e o tramo de acceso á Coruña A Barcala-A Coruña e inverso).

Os PXE do 2015 inclúen partidas para as principais infraestruturas da CC.AA, tales como 85,2 millóns para a autovía A-54 entre Lugo e Santiago; 11,3 millóns para finalizar as obras do tramo As Lonzas-Zapateria da AC-14 na Coruña ou 11,5 millóns para as obras de acceso ao Porto Exterior da Coruña.

En política de Vivienda, o ministerio que dirixe Ana Pastor destina a Galicia 24,29 millóns de euros para dar cumprimento ao novo modelo que se impulsou a través de varias reformas e do novo Plan de fomento do aluguer, a rehabilitación e a rexeneración, así como para facer fronte aos compromisos de Renda Básica de Emancipación.

Por outra parte, prevese un investimento en Galicia de 3,69 millóns dentro dos programas de Rehabilitación Arquitectónica e Conservación do Patrimonio Histórico (o ata agora 1% cultural).


Tamén hai que destacar o esforzo investidor en Galicia do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio e das súas sociedades que, entre outras cantidades, consigna 71,9 millóns de euros para o saneamento de Vigo; 27,5 millóns para a EDAR de Ourense; 11,3 millóns para a EDAR de Ribeira, 16,9 millóns para os interceptores xerais da marxe dereita da Ría de Ferrol ou 3,9 para o saneamento de Santiago de Compostela.

Dentro do mesmo ministerio, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil investirá en Galicia 23,5 millóns, a dirección xeral da Auga investirá 11,2 e a dirección de Sostibilidade da Costa e o Marzo 10,2 millóns máis.


Estes Presupostos Xerais do Estado para 2015 garanten, apuntalan e blindan o noso Estado do Benestar e reforzan a recuperación económica e ademais con estes PXE, o Estado non deixa na cuneta ás Comunidades Autónomas nin aos Concellos, principais prestadores dos servizos públicos fundamentais con especial relevancia dos servizos sociais.

Ao noso xuízo os PXE seguen achegando credibilidade á recuperación económica española, o que nos permitiu reducir a prima de risco de España e afondar na recuperación económica, que se está a traducir nun forte crecemento económico e creación de emprego, máis de 300.000 novos afiliados á Seguridade Social no que vai de ano.






Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta