Avances nas obras de abastecemento de auga a Ourense

Onte coñeciamos que o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, a través da Sociedade Estatal Augas das Concas de España, recibiu 38 ofertas para a execución das obras adicionais do Abastecemento de Auga a Ourense.
O presuposto das obras ascende a 6,5 millóns de euros e está financiado nun 75% polo Ministerio, a través de fondos de Acuaes e Fondos FEDER, mentres que o Concello de Ourense achegará o 25% restante.

A actuación completará o sistema de abastecemento á cidade e a nova ETAP, ao conectar o novo sistema de abastecemento de auga en alta, cuxas obras están a ser executadas por Acuaes, coa rede de distribución existente, alcanzando o obxectivo de garantir a subministración de auga en calidade e cantidade a unha poboación de 100.000 habitantes.

A nova conexión permitirá subministrar a outros puntos da rede, achegando un reforzo ás instalacións existentes, permitindo o seu funcionamento cunha maior eficiencia, o que redundará nun mellor servizo ao usuario.



Ademais, as obras adicionais permitirán enlazar a nova rede cos depósitos municipais existentes situados a maior cota, permitindo un abaratamento na explotación, ao reducir o número de bombeos necesarios e conseguir unha economía de escala que diminuirá os custos derivados do consumo enerxético.



O proxecto recolle os seguintes ramais:



. Conexión depósito Caracochas con bombeo Barrocas


. Subministración ao Polígono Industrial de Seixalbo dende Barrocas

. Peche anel Sur

. Conexión depósito Caracochas con depósito Ceboliño

. Conexión depósito Caracochas co depósito de Rotura-Regoufe

Estas actuacións permitirán un máximo aproveitamento do novo sistema de regulación Montealegre-Caracochas, ofrecendo servizo á maior parte da cidade de Ourense situada na marxe esquerda do río Miño.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.