O ECOFIN considera necesario fomentar o investimento, que se encontra en taxas moi baixas en Europa


Onte en Milán - Italia ostenta neste semestre a presidencia do Consello da UE - reuniuse dun modo informal o Consello de Asuntos Económicos e Financeiros, ECOFIN, no que os ministros de Economía da UE pediron o presidente designado da Comisión, Jean-Claude Juncker, que acelere os preparativos do plan de investimento público-privado de 300.000 millóns de euros que prometeu durante a súa investidura para facer fronte ao estancamento da economía europea.


Acordaron dar mandato á Comisión e ao Banco Europeo de Investimentos para que preparen rapidamente os primeiros informes sobre medidas concretas que poden adoptarse no próximo Ecofin que se celebrase a mediados de outubro en Luxemburgo.

Os reunidos constataron que o investimento público e privado diminuíu moito nos países europeos nos últimos anos e iso é en parte a causa e tamén a consecuencia do escaso crecemento.

O noso ministro de Economía e Competitividade, Luis de Guindos, ao remate da reunión, afirmou que a situación de estancamento económico que vive a eurozona nos ten que facer pensar a todos", aínda que considerou que non todas as políticas dos últimos anos foron erróneas. Engadindo que temos que mellorar e que temos que ir poñendo os fundamentos para que a estratexia económica a futuro se centre no crecemento e na creación de empleo".

De Guindos recalcou que este proxecto ten que enlazarse con "dous aspectos fundamentais", o afondamento do mercado interior en sectores como o enerxético ou o de transportes, e as reformas estruturais, así como producir un retorno.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.