lunes, 15 de septiembre de 2014

O reto de consolidar a liña ascendente

Asisto hoxe as 18,00 horas en Compostela ao Comité Executivo do PPde G no que elidimos ao deputado ferrolán Miguel Tellado como novo voceiro da formación.

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, na sua intervención dixo que Tellado reúne as cualidades de dedicación e xenerosidade requeridas.

Dixo que o PP de G é grupo maioritario do Parlamento e o partido do que forman parte a maioría dos deputados e senadores elixidos polos galegos para ser representados nas Cortes. Así mesmo, é a opción máis votada na maioría dos concellos, de feito máis de 200 teñen alcaldes do PP e tres das catro deputacións son gobernadas polos populares. Ademais, conta cun representante no Parlamento Europeo, Francisco Millán Mon.

Neste senso, Feijóo dixo que o compromiso permanente dos populares debe ser responder a ese aval que lles dan os cidadáns elección tras elección. 

Con respecto a isto, lamentou que outras forzas políticas que contan con menor respaldo cidadán non amosen ningún respecto por esa maioría que sempre elixe ao PPdeG, intentando impoñerlles as ideas dos grupos minoritarios e preferindo modificar nos despachos a vontade maioritaria das urnas.

Dixo o presidente do PPdeG, que os populares estamos ante un ano especialmente importante para o noso país porque temos ante si o reto de consolidar a liña ascendente que se ten iniciado tanto en Galicia como en España. 

De feito, hai indicadores que invitan a afrontalo con ilusión, xa que, desde o inicio da crise, é a primeira vez que se pecha un exercicio con menos paro que o anterior; a primeira vez que en lugar de falar de recesión se poden dar previsións de crecemento; e a primeira vez que xa se pode debater sobre cómo poder ir máis rápido cara a recuperación.

Non obstante, ve preciso seguir traballando con determinación e realismo e non deixarse levar polos que din que as cousas empeoraron, pero tampouco caer nun falso optimismo xa que a recuperación aínda non a senten todos os fogares.

Neste senso, Feijoo lembrou que a Xunta anticipouse en moitas decisións desde que o PP recuperou o poder en 2009 e iso supuxo melloras para Galicia. Con respecto a isto, fixo fincapé en que non mudou ese compromiso e seguirá traballando con responsabilidade. Así, a comunidade seguirase anticipando para consolidar e ampliar os bos datos e para que cada vez máis galegas e galegos poidan verse reflectidos neles. 


Rematada a anterior xuntanza, tivemos na cidade das Burgas unha reunión do Comité Executivo do Partido Popular de Ourense. Nela aprobouse a composición do Comité de Campaña Provincial para as Eleccións Municipais de 2015, ratificando este acordo o presidente provincial, Manuel Baltar.

Así, o Partido Popular de Ourense convírtese na primeira formación política de España en constituir formalmente o seu Comité de Campaña para os vindeiros comicios, un equipo encargado de deseñar as estratexias electorais de cara ao vindeiro 24 de maio, data na que os electores elixirán aos membros das Corporacións Locais. Manuel Baltar lembrou que"a maquinaria do PPOU é imparable e xa dende que se pecharon as urnas o pasado 25 de maio, data das Eleccións Europeas, o PP de Ourense está a traballar coa meta fixada no 24 de maio de 2015".

Tamén foi aprobada a composición do Comité Electoral, que ten competencias nos nomeamentos dos candidatos que concurrirán nas vindeiras Eleccións Municipais na nosa provincia.


https://www.youtube.com/watch?v=g1Ef-RTLuVk&feature=youtu.be

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta