Mariano Rajoy: “ O Executivo está a abordar os problemas políticos máis importantes do país con a sensatez, o sentido común e a responsabilidade necesarias"

Hoxe tivemos sesión de control no primeiro Pleno do Congreso dos Deputados deste novo período de sesións e a pregunta de maior relevancia foi a que formulou o líder da oposición Pedro Sánchez ao presidente do Goberno.

Mariano Rajoy, confirmou que a economía evoluciona, "con cautela, sen autosatisfaccións e que estamos determinados a seguir traballando".

En resposta ao deputado socialista o presidente do Executivo dixo que "xa crea emprego neto en España", aínda que é consciente de que moitos españois seguen sen encontrar un posto de traballo. Ademais, hoxe hai máis ocupados e máis afiliados á Seguridade Social que hai un ano. "As cifras de paro rexistrado xa son menores que cando chegamos ao Goberno", indicou.

A situación social, en termos de exclusión e risco de pobreza, " comeza a remontar", a xuízo do presidente, que tamén sostivo que o Executivo está a abordar os problemas políticos máis importantes do país con "a sensatez, o sentido común e a responsabilidade necesarias ".

Entre os datos económicos "esperanzadores", Rajoy destacou que a economía española leva crecendo catro trimestres consecutivos e que ese aumento foi o maior dos países da zona euro no último trimestre. "Polo tanto, imos polo bo camiño, as cousas aínda nos esixirán un grande esforzo, pero hai que ver tamén cal era o punto de partida co que nos encontramos para facer un xuízo xusto", asegurou na súa contestación a unha pregunta doutro deputado, Josep Sánchez i Llibre de CIU.

O presidente emprazou a ese partido catalán a dicir que non vai convocar un referendo ilegal, " e xa verá como non habería entón ningún problema en ningún mercado". E engadiu que "Cataluña é un gran motor da recuperación no conxunto de España", algo do que se felicitou "porque iso é bo para os cataláns e para o conxunto de todos os españois".

Respecto á pregunta formulada polo deputado de IU Cayo Lara sobre os efectos da reforma laboral nos salarios, Rajoy apuntou que son os axentes sociais que fixan as retribucións no sector privado. Nese sentido, recordou que as organizacións empresariais e sindicais acordaron no ano 2012 uns incrementos salariais "moderados e compasados á situación da economía" para ese ano e os dous seguintes.


"Creo que foi útil para evitar que se perdesen moitos postos de traballo en España, para conseguir que hoxe se crease emprego e para mellorar a competitividade da economía española",sinalóu . Ademais, fixo fincapé en que a media de suba dos salarios en 2014 está no 0,55%, mentres que a inflación está a caer cinco décimas.

En canto á reforma laboral, Rajoy remarcou que, segundo a OCDE, contribuíu a promover a contratación, en particular a indefinida. "Cando se aprobou a reforma laboral, no noso país o paro crecía un 12% anual; agora, cando a reforma do mercado laboral xa entrou en funcionamento, o paro estase a reducir en porcentaxes do ámbito do 6% anual, explicou.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.