Feijóo en Bruxelas: "Europa ten que enfrontarse ao reto demográfico"

Hoxe tivo lugar en Bruxelas, o chamado VI Foro da Cohesión “Promoción do desenvolvemento e o bo goberno nas rexións e cidades da UE”. Nel inteveu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo que demandóu que os factores demográficos como o envellecemento teñan un maior peso “neste período e na próxima programación de fondos europeos”.

“Ademais dos retos económicos, de crecemento e emprego, Europa ten que enfrontarse ao reto demográfico. Europa é hoxe o territorio más envellecido do mundo, cunha idade media superior aos 40 anos, sendo a idade media dun alemán, por exemplo, superior aos 44 anos”, aseverou.
Incidiu en que cun envellecemento da poboación hai moito máis gasto social, máis gasto sanitario e máis gasto en servizos sociais, o que supón unha diminución da capacidade de xerar ingresos, “posto que unha poboación envellecida consume moita máis sanidade, máis servizos sociais e máis pensións”.
Nesta liña, tras destacar que os graves problemas de envellecemento da poboación afectan a rexións de diferentes países de Europa como Francia, Alemaña, Dinamarca, Irlanda e España, Feijóo lembrou que o País Vasco e Galicia están dentro dun grupo de rexións que están a estudar o envellecemento da poboación en Europa.
“Estamos a facer unha serie de propostas para dinamizar o medio rural, para plantexar unha vida saudable e buscar crecemento a través do emprego. En definitiva, focalizar os fondos para atallar un problema que se está a estender como unha mancha de aceite que é que os europeos cada ano somos máis vellos, cun número de nacementos en relación co número de mortes invertido. E, unha pirámide de poboación invertida non é futuro e Europa ten que seguir sendo un lugar de futuro”, manifestou ao respecto.
Feijóo tamén avanzou que no anteproxecto de Orzamentos no que está a traballar a Xunta para o vindeiro ano, 2015, “o cofinanciamento de todos os fondos europeos quedará garantido”. A este respecto, lembrou que Galicia mantivo algo que, recoñeceu, “non foi fácil”: a posibilidade de cofinanciar cada proxecto cun 80% de fondos europeos o que, segundo explicou, “soamente se deixa ás rexións que non chegaron ao 90% de renda per cápita”. “No noso caso estamos por enriba desa porcentaxe, sen embargo, mantemos ese privilexio de tan só ter que cofinanciar con fondos propios o 20% do total do investimento”. Polo tanto, abundou, “é prioritario, nos Orzamentos de 2015, garantir o cofinanciamento de todas as iniciativas financiadas con fondos europeos”.

Novo período 2014-2020

De cara ao novo período, 2014-2020, Núñez Feijóo destacou que Galicia xa é unha rexión desenvolvida. “Superamos o 90% da renda per cápita en termos de PIB e, polo tanto, xa demos o salto a unha rexión desenvolvida”, aseverou, ao que precisou que “a pesar diso, conseguimos manter o 80% dos fondos, e temos aínda 4.000 millóns de euros ata o ano 2020”.

Ante este panorama, avanzou catro obxectivos prioritarios, baseados todos nun: políticas de crecemento e de emprego. “Imos investir o 60% dos fondos en innovación, en tecnoloxía, en pequena e mediana empresa e en medio ambiente. Estes son os obxectivos básicos nos que imos seguir impulsando as políticas, xa non para facer infraestruturas, si para facer fincapé na consecución dos obxectivos básicos, que é o crecemento e o emprego, e para iso entendemos que a innovación, a tecnoloxía, o apoio á pequena e mediana empresa e tamén o medio ambiente son catro vectores fundamentais”, asegurou.
O titular da Xunta agradeceu novamente á Comisión Europea “a invitación cursada a Galicia como único territorio do conxunto de España para estar presente neste foro”.

Subliñou que para Galicia foi clave a política de cohesión que se vén desenvolvendo na Unión Europea. Non en van, desde 1986 ata o ano 2013, a comunidade recibiu 19.000 millóns de euros. “Isto permitiunos, claramente, a modernización do noso territorio, a modernización das nosas infraestruturas, a modernización dos portos, das estradas, os saneamentos ou o abastecemento de augas; tamén as axudas ás pemes, a creación de emprego... Poderiamos dicir que con eses 19.000 millóns Galicia creceu no entorno de medio punto máis de PIB cada ano, e neste último período medramos 3 décimas de PIB máis cada ano”, aseverou, logo de referirse, tamén, a creación aproximadamente de 18.000 empregos e ao investimento en infraestruturas.

O presidente da Xunta lembrou que Galicia era un dos territorios máis periféricos de Europa e hoxe é un dos territorios, desde o punto de vista da alta capacidade, de estradas, de redes de saneamento e abastecemento de auga; e tamén desde o punto de vista de plataformas loxísticas, de polígonos industriais e de instalacións portuarias, “unha rexión europea que está por enriba da media do resto de rexións europeas”.
Así mesmo, precisou que esa política exixe rigor na xestión dos fondos e seleccionar correctamente os obxectivos deses fondos, “e creo que por iso Galicia está hoxe aquí, sendo unha das rexións que mellor xestionou os fondos durante todo o seu período de vixencia”, concluíu.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.