Novo equipo e nova estrutura da próxima Comisión Europea de Juncker

Hoxe o Presidente electo polo Parlamento, Jean-Claude Juncker, deu a coñecer o seu equipo e a nova estrutura da próxima Comisión Europea.

Unha nova Comisión que se racionalizará para centrarse en responder aos importantes retos políticos que ten ante si: conseguir que as persoas volvan encontrar un traballo decente, incentivar o investimento, facer que uns bancos seguros volvan conceder préstamos á economía real, crear un mercado dixital conectado, contar cunha política exterior verosímil e asegurarse de que Europa se valla por si mesma no que atinxe á seguridade enerxética.

Juncker en rolda de prensa afirmou que carteiras a persoas, non a países.

A nova Comisión terá sete vicepresidentes, seis además da Alta Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade (Federica Mogherini), cada uns dos cales dirixirá un equipo de proxecto. Dirixirán e coordinarán o traballo dun determinado número de comisarios cuxa composición poderá cambiar en función das necesidades e de que se desenvolvan novos proxectos co paso do tempo. Estes equipos de proxecto reflectirán as Directrices políticas.

Algúns exemplos desas composicións: «Emprego, Crecemento, Investigación e Competencia», «Mercado único dixital» ou Unión da Enerxía». Con iso asegurarase unha interacción dinámica de todos os membros da Comisión, eliminando coutos e abandonando estruturas estáticas. Os vicepresidentes actuarán como auténticos adxuntos do Presidente.

O Presidente electo Jean-Claude Juncker afirmou así mesmo: «Na nova Comisión non hai comisarios de primeira ou de segunda clase, hai directores de equipo e xogadores de equipo. Uns e outros traballarán conxuntamente cun espírito de colexialidade e interdependencia. Quero rematar con mentalidades estreitas e introducir unha nova forma colaboradora de traballar en ámbitos nos que Europa pode marcar realmente a diferenza.»

NOVIDADES IMPORTANTES

. Un Vicepresidente primeiro (Frans Timmermans) será a man dereita do Presidente. Por primeira vez haberá un comisario consagrado a que haxa un programa para lexislar mellor, que garanta que cada proposta da Comisión sexa verdadeiramente necesaria, é dicir que os obxectivos non poidan alcanzarse polos Estados membros. O Vicepresidente primeiro desempeñará así mesmo un labor de control, defendendo a Carta dos Dereitos Fundamentais e o Estado de Dereito en todas as actividades da Comisión.

. A nova carteira de Mercado Interior, Industria, Iniciativa empresarial e Pemes (encomendada a Elbieta Biekowska) será a sala de máquinas da economía real. Tamén por primeira vez se inclúe especificamente as pequenas e medianas empresas, a columna vertebral da nosa economía.

. A nova carteira de Asuntos Económicos e Financeiros, Fiscalidade e Alfándegas (a cuxa fronte estará Pierre Moscovici) velará por que as políticas fiscal e aduaneira da Unión sexan parte integrante dunha Unión Económica e Monetaria profunda e auténtica e contribúan ao bo funcionamento do marco do goberno económico xeneral da UE.

. Creouse unha carteira de Consumidores importante. A Política dos Consumidores xa non estará repartida entre varias carteiras e ocupará un lugar prominente na de Xustiza, Consumidores e Igualdade de Xénero (Vra Jourová).

. Como o Presidente electo anunciou no discurso que pronunciou ante o Parlamento Europeo o 15 de xullo pasado, haberá unha carteira específica dedicada á Migración (atribuída a Dimitris Avramopoulos) que dea prioridade á elaboración dunha nova política de migración para abordar decididamente a migración irregular e lograr, ao mesmo tempo, que Europa sexa un destino atractivo para os grandes talentos.

Reestruturáronse e racionalizado algunhas carteiras. Neste sentido cabe destacar que se xuntaron nunha soa Medio e Asuntos Marítimos e Pesca (á fronte do cal estará Karmenu Vella) co fin de reflectir a dobre lóxica do Crecemento «azul» e «verde»: as políticas de conservación do medio e do medio marítimo tamén poden e deben desempeñar un papel fundamental á hora de crear empregos, preservar recursos, estimular o crecemento e fomentar o investimento. Protexer o medio e manter a nosa competitividade teñen que ir da man, pois en ambos os dous casos do que se trata é de que o futuro sexa sostible. Esa mesma lóxica aplicouse ao decidir crear unha carteira de Acción polo Clima e Política de Enerxía (encomendada a Miguel Arias Cañete). Reforzar a proporción das enerxías renovables non só é unha cuestión que debe abordar unha política de cambio climático responsable; tamén é un imperativo da política industrial se Europa quere dispoñer de enerxía alcanzable a medio prazo. Estas dúas novas carteiras contribuirán ao equipo do proxecto «Unión da Enerxía» dirixido e coordinado por Alenka Bratusek.

. A carteira de Política Europea de Veciñanza e Negociacións para a Ampliación (confiada a Johannes Hahn), xunto cunha política de veciñanza reforzada, céntrase na continuación das negociacións para a ampliación á par que se recoñece que non haberá novas adhesións á Unión Europa durante os próximos cinco anos, tal como estableceu o Presidente electo Juncker nas súas Orientacións políticas.

. A nova carteira de Estabilidade Financeira, Servizos Financeiros e Unión dos Mercados de Capital (atribuídos a Jonathan Hill) centrará os coñecementos técnicos e a responsabilidade nun só punto, unha Dirección Xeral de nova creación, e garantirá que a Comisión siga estando vixiante e activa no que atinxe á aplicación das novas normas de supervisión e liquidación de bancos.

Celebro a designación de Miguel Arias Cañete como comisario de Enerxía e Acción sobre o Cambio Climático, unha das carteiras económicas máis importantes da nova Comisión, con competencia sobre materias que son especialmente relevantes para España e que reúne nunha soa carteira as competencias de Enerxía e a de Acción polo Clima, ata agora ocupadas por Alemaña e Dinamarca.

É moi importante desenvolver un Mercado Único da Enerxía, como factor de crecemento e emprego, que dea prosperidade á UE e a España, así como a mellora da interconexión do mercado da enerxía en Europa.

Agora toca que o Parlamento Europeo da súa aprobación á totalidade da Comisión, incluído o seu Presidente e a Alta Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade e Vicepresidente da Comisión Europea.

O devandito acto vai precedido das audicións dos comisarios propostos nas comisións parlamentarias pertinentes, de conformidade co artigo 118 do Regulamento do Parlamento.

Unha vez que este dea a súa aprobación, o Consello Europeo nomeará oficialmente a Comisión Europea, tal como establece o artigo 17, apartado 7, do TUE.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.