Onte faltaba neste blog dos avances lexislativos das reformas das Administracións públicas, e hoxe destaco a informacion a dada a coñecer por Alberto Nuñez Feijoo que o xoves trala rolda de prensa do Consello que Galicia dixo que Galicia é a primeira autonomía que ten rematado xa a analise completa da súa Administración institucional e que está tamén en disposición de poñer en marcha a folla de ruta da terceira fase para ser, igualmente, a primeira en completar a restruturación integral da Administración institucional autonómica: coa supresión de case 100 organismos e coa inclusión de 800 melloras naqueles entes que continúan.
Feijóo explicou que esta terceira fase do Plan de racionalización da Administración paralela está integrada por 32 organismos que operan en ámbitos moi diversos. E, e ao igual que en fases anteriores, ao longo deste meses de auditoría analizáronse todos os parámetros nos que desenvolven a súa actividade estes organismos co mesmo obxectivo: depurar duplicidades, corrixir solapamentos, identificar nichos de mellora da eficiencia e garantir –en definitiva- unha mellor prestación dos servizos que estas entidades realizan.
Unha vez coñecido o diagnóstico e as conclusións, Feijóo subliñou as medidas de reestruturación que se aplicarán sobre os 32 organismos, concrétanse do seguinte xeito: 13 entes teñen mandato de supresión e as 19 entidades restantes seguirán funcionando, sometidas ás recomendacións de mellora.
Con respecto aos entes que desaparecen, destacou que catro deles serán sometidos a procesos de extinción directa: Galioil S.A.; a Axencia para a Xestión integrada, calidade e avaliación da Formación Profesional; a Fundación Galega de Formación para o Traballo e a Fundación Illa San Simón. O Consello Galego da Competencia e o Instituto Galego de Consumo fusionaranse nun só; e levarase a termo a separación da Xunta de tres fundacións: a Axencia enerxética Provincial da Coruña, a Fundación Dieta Atlántica e o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia.
As outras catro entidades serán sometidas a distintos procesos de reordenación: as fundacións sanitarias Fegas e Centro de Transfusión de Galicia converteranse en dúas axencias especializadas sen rango de dirección; Agader pasará a converterse nunha verdadeira axencia desde o punto de vista da súa entidade xurídico-administrativa; e o Instituto Enerxético de Galicia converterase nunha nova axencia autonómica.
No tocante á mellora das 19 entidades que seguirán funcionando, Feijóo explicou que a folla de ruta presentada hoxe para a terceira fase inclúe 380 recomendacións; melloras concretas, dixo, que se suman ás 420 xa aplicadas nas dúas fases anteriores, co que se alcanza unha cifra total de 800 melloras.
Segundo o presidente da Xunta, os aforros derivados da excepción desta terceira fase están valorados en 6,5 millóns, aos que se suman os 51 millóns das fases anteriores, facendo un total de case 58 millóns de euros de aforro.
Con esta terceira fase completarase un proceso de reestruturación “sen precedentes e dunha enorme magnitude”, coa supresión de case 100 organismos e a inclusión de melloras en 63 entes que seguen funcionando. “Volvemos a unha Administración institucional máis pequena que a que había en 2003. Se en 2003 había 127 organismos, agora haberá 85; e, no ano 2009, cando chegamos ao Goberno, eran 158 organismos”, concluíu o presidente da Xunta.
Recibirá resposta