domingo, 24 de agosto de 2014

Volta á actividade parlamentaria

A próxima semana comezo a actividade parlamentaria coa reunión da Deputación Permanente do Congreso que se reúne o martes, 26 de agosto, ás 12,00 horas, para debater e votar as peticións de comparecencia do presidente do Goberno ante o Pleno e de todos os ministros nas súas comisións correspondentes.
Este órgano decidirá sobre a petición de convocatoria dun Pleno extraordinario para que o presidente do Goberno explique as recomendacións realizadas polo grupo de traballo sobre desaparicións forzosas da ONU en relación cos crimes do franquismo.
Tamén se pide que o xefe do Executivo informe sobre as actuacións do Goberno ante a situación humanitaria no norte de África que está provocando a chegada masiva de persoas ao continente europeo.
Por outra banda, solicítase a comparecencia do presidente Goberno para informar sobre a reforma da LOREG para a elección de alcaldes.
Ademais das solicitudes de comparecencia de todos os ministros, a Deputación Permanente decidirá tamén sobre a petición de comparecencia do fiscal xeral do Estado.
Por encargo do meu Grupo Parlamentario intervirei no debate da Petición, formulada polo Grupo Parlamentario Socialista, de que se acorde a celebración dunha sesión extraordinaria da Comisión de Facenda e Administracións Públicas relativa a Comparecencia do Ministro de Facenda e Administracións Públicas, para informar da consulta formal ante a Unión Europea e a súa resposta sobre a posibilidade de construír un dique flotante en Ferrol.

http://www.congreso.es/backoffice_doc/atp/orden_dia/DP_015_2014.pdf

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta