O terrorismo só pode ser derrotado a través da participación e colaboración activa dos Estados e organizacións internacionais

Inhumano e horrible o vídeo difundido hoxe a través dos foros yihadistas por terroristas do Estado Islámico, que mostra a decapitación do xornalista estadounidense James Wright Foley, secuestrado en Sirya en novembro de 2012.
 
Feitos como este e outros aínda moito máis infames non poden deixarnos indiferentes e por iso celebro a adopción o pasado venres 15 de agosto polo Consello de Seguridade de Nacións Unidas da Resolución 2170 (2014), na que se aborda o enorme risco que supoñen para a rexión e para a comunidade internacional as organizacións terroristas Estado Islámico de Iraq e o Levante (EIIL) e o Fronte al Nusra, afiliado a Al Qaeda, que operan en Iraq e Sirya.
 
Esta Resolución, adoptada por unanimidade e baixo o Capítulo VII da Carta de Nacións Unidas, supón un forte impulso para os esforzos internacionais na loita contra o terrorismo, especialmente en Oriente Próximo, ao introducir novas medidas na loita contra uns grupos terroristas que están a ameazar seriamente a seguridade na zona.
 
Na Resolución, o órgano encargado de manter a paz e seguridade internacionais condena en termos moi categóricos a violencia desatada por estes e outros grupos terroristas, que incorren en matanzas, persecución de minorías, execucións sumarias, violacións masivas dos Dereitos Humanos e, en definitiva, causan sufrimentos indescritibles á poboación dos territorios nos que actúan. O CSNU chama ao cesamento da violencia e a disolución inmediata destes grupos terroristas e advirte das consecuencias para os responsables da comisión de crimes de guerra e de lesa humanidade baixo o dereito internacional humanitario.
 
Así mesmo, o CSNU subliña que o terrorismo só pode ser derrotado a través da participación e colaboración activa dos Estados e organizacións internacionais, e apela ao cumprimento das obrigas en materia de loita contra o terrorismo por parte de todos os actores, en cuestións como a prevención e represión do financiamento e o recrutamento de combatentes fóra de Iraq e Sirya, sobre as que insta a establecer e reforzar as medidas oportunas.
 
Valoro moi positivamente que o noso Goberno se unha a este chamamento internacional en contra da locura do terrorismo que pon en perigo a tantas vidas inocentes na rexión e no mundo, e ameaza así mesmo a convivencia entre as distintas comunidades en Oriente Próximo. E tamén que España siga cooperando xunto a Nacións Unidas e os seus socios co fin de erradicar definitivamente a eiva do terrorismo.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.