lunes, 25 de agosto de 2014

Visita da chanceler Merkel a Compostela

Considero de grande importancia a visita da chanceler alemán Ángela Merkel a España, xusto unha semana antes da celebración do Consello Europeo extraordinario que terá lugar o próximo sábado, día 30, en Bruxelas.
 
E especialmente que fose en Santiago de Compostela onde en compañía presidente do Goberno, Mariano Rajoy, percorreran xuntos un tramo do Camiño de Santiago e ceasen logo nun dos típicos restaurantes composteláns. Por suposto á visita a Catedral en compañía de Feijóo.

Temos coñecido que hoxe na súa reunión de traballo abordaron a necesidade de seguir avanzando nunha maior integración económica, monetaria, bancaria, fiscal e política da Unión Europea e coincidiron en que o restablecemento do crédito ás pemes e o emprego debe converterse na prioridade básica de todas as súas institucións.
 
En roda de prensa Angela Merkel, puxo de manifesto, as "magnificas" e "estreitas" relacións entre ambos os dous países e a "sintonía" na maioría dos temas.

Rajoy subliñou ao inicio da súa intervención que en España empezamos a ver os froitos das reformas que acometemos co esforzo dos españois. Conseguimos corrixir os importantes desequilibrios que foramos acumulando durante moitos anos e, despois de moito tempo de recesión, España está a crecer de novo, pouco aínda, pero xa son catro trimestres, e o último á cabeza da zona euro. Pero o que é máis importante, a nosa economía está xa a crear emprego neto por primeira vez dende hai sete anos". Algo no que o chanceler coincidiu e polo que mostrou a súa "satisfacción".

O presidente informou que entre os asuntos tratados entre ambos os dous líderes figuro o Consello Europeo do próximo 30 de agosto, convocado para decidir o nomeamento do novo presidente do Consello Europeo e propoñer o próximo Alto Representante da UE para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade. Estes nomeamentos, a xuízo de Rajoy e Merkel, son importantes para que as institucións europeas "se poñan a traballar canto antes co fin de poñer en marcha as prioridades estratéxicas para os próximos anos".

Ambos os dous coincidiron en seguir traballando para lograr unha maior integración económica, monetaria, bancaria, fiscal e política da Unión Europea e en que esta e as súas institucións deben acompañar os esforzos nacionais con medidas e reformas que "impulsen o crecemento e o emprego". Neste sentido, restablecer o crédito ás pemes e o emprego debe converterse nunha "prioridade básica".

Cabe pois facer unha valoración “altamente positiva” da visita da chanceler alemana Angela Merkel a Santiago de Compostela polo valor simbólico de reforzó do Camiño como eixo da construción  europea e tamén polo valor político que amosa que España pasou de ser considerada un problema a ser parte da solución ás problemáticas que ten hoxe a Unión Europea no seu conxunto.
 
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta