lunes, 18 de agosto de 2014

Moderación do crecemento das exportacións no primeiro semestre de 2014


Hoxe coñecemos o informe de comercio exterior de xuño de 2014 que acredita que no primeiro semestre de 2014, as exportacións españolas de mercancías aumentaron un 0,5% interanual, ata a cantidade de 119.265,3 millóns de euros, o que supón un máximo na serie histórica no periodo (desde 1971). En términos reais o crecemento foi maior, un 0,9%, ao diminuír un 0,4% os prezos das exportacións aproximados polos Índices de Valores Unitarios (IVUs). 

A evolución das exportacións de España nos primeiros seis meses do ano seguiu sendo favorable en comparación coa dos nosos principais socios comerciais. Neste sentido, as exportacións acumuladas españolas mostraron mellor comportamento que as exportacións francesas (-1,8%) e as de Reino Unido (-14,7%), aínda que se situaron por baixo das alemás (2,4%). Fóra da UE, as exportacións de Estados Unidos creceron un 2,9% mentres que as de Xapón aumentaron un 3,2% nos seis primeiros meses de 2014.


A evolución das exportacións de España nos primeiros seis meses do ano seguiu sendo favorable en comparación coa dos nosos principais socios comerciais. Neste sentido, as exportacións acumuladas españolas mostraron mellor comportamento que as exportacións francesas (-1,8%) e as de Reino Unido (-14,7%), aínda que se situaron por baixo das alemás (2,4%). Fóra da UE, as exportacións de Estados Unidos creceron un 2,9% mentres que as de Xapón aumentaron un 3,2% nos seis primeiros meses de 2014.

No primeiro semestre de 2014, o déficit comercial alcanzou os 11.882,4 millóns de euros (déficit de 5.824,2 millóns en xaneiro-xuño de 2013). O superávit non energético rexistrou a cifra de 8.416,7 millóns de euros e o déficit enerxético reduciuse un 3,5%, ata os 20.299,1 millóns de euros. A taxa de cobertura situouse no 90,9%, 4,4 puntos inferior á do mesmo periodo do ano pasado (95,3%).

Áreas xeográficas:

Nos seis primeiros meses de 2014 advertiuse unha desaceleración da demanda dos países extracomunitarios, ocasionada pola debilidade dalgunhas economías emerxentes e pola revalorización que experimentou o euro neste periodo, o que encareció as vendas de España no exterior da unión monetaria.

Así, as exportacións a países terceiros diminuíron un 3,1% interanual, e representaron o 36,4% do total. Con todo, foi destacable o crecemento das vendas a Corea do Sur (85,5% interanual), a Xapón (26,5%) e a México (12,0%) e o notable aumento das destinadas a Estados Unidos (12,3%).


As exportacións aos destinos máis tradicionais avanzaron no conxunto do semestre, no caso das dirixidas á Unión Europea un 2,6% (4,7% en 2013), as que tiñan como destino a zona euro un 3,0% (3,1% en 2013) e as dirixidas ao resto da Unión Europea creceron un 1,0% (10,6% en 2013). Estes aumentos quedaron reflectidos no peso das exportacións intracomunitarias, que se situaron no 63,6% do total no primeiro semestre de 2014 fronte ao 62,3% do ano anterior.


As Comunidades Autónomas cuxas exportacións tiveron mellor comportamento no primeiro semestre foron Comunitat Valenciana, que contribuíu con 0,7 puntos ao incremento interanual das exportacións totais; as súas exportacións representaron o 10,7% do total e creceron un 7,3%. En segundo lugar, País Vasco, con 0,5 puntos; as súas exportacións, 9,2% do total, creceron un 5,4%; e Cataluña, tamén con 0,5 puntos de contribución (25,0% do total, creceron un 1,8%). Con 0,4 puntos de contribución situouse Castilla e León (5,5% do total, as súas exportacións creceron un 8,0%) e, con 0,3 puntos, Comunidade Foral de Navarra (3,4% do total, as súas exportacións creceron un 9,8%).

 

Sectores económicos:

Os sectores de maior relevancia na exportación no que levamos de 2014 foron alimentación, bebidas e tabaco, cuxas exportacións aumentaron un 5,7% no periodo e representaron o 15,8% do total, o sector do automóbil que incrementou as súas exportacións un 5,5% e supuxo o 15,2% do total, e o sector de manufacturas de consumo, cuxas vendas ao exterior creceron a unha taxa do 4,3% e representaron o 8,7% do total.

No relativo ás importaciones, destacou o crecemento do 11,2% das compras do sector bens de equipo, reflexo da incipiente recuperación da actividade económica e do investimento en capital fixo. En concreto, aumentaron as importaciones de maquinaria para a industria (13,7%) e material de transporte (12,5%). Pola súa banda, o sector do automóbil aumentou considerablemente as súas compras ao exterior no primeiro semestre de 2014 (incremento do 23,6%).

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta