O gasto dos turistas internacionais que viaxaron a España crece nun 7% nos primeiros sete meses do ano

Coñecemos onte a Enquisa de Gasto Turístico (EGATUR) correspondente a xullo 2014 que presenta uns datos moi positivos.

Así sabemos que o gasto dos turistas internacionais que viaxaron a España entre xaneiro e xullo rexistrou un novo récord ao alcanzar os 34.497 millóns de euros, un 7% máis que no mesmo periodo do ano pasado.

Mercados Emisores:

Reino Unido mantívose como o primeiro emisor de gasto tanto no periodo acumulado como no mes de xullo. Entre xaneiro e xullo, os turistas británicos gastaron 6.812 millóns de euros, cun incremento do 7,1% e unha porcentaxe sobre o total do gasto recibido en España do 19,7%. 

Os turistas procedentes de Alemania gastaron 5.461 millóns ata xullo, con subida do 6%, acaparando o 15,8% do total de gasto turístico. 

O gasto dos países nórdicos aumentou tanto no acumulado como no mes. Desde xaneiro, estes turistas gastaron 3.646 millóns de euros, cunha variación do 6,8%, é dicir, o 10,6% do gasto total. 

Os turistas procedentes de Francia gastaron nas súas viaxes a España 3.269 millóns de euros entre xaneiro e xullo, un 6,5% máis, o que significou o 9,5% do total. 

Comunidades de destino principal:

Cataluña foi a principal comunidade receptora de gasto nos sete primeiros meses do ano con 8.151 millóns de euros e un crecemento do 5,3%, o que lle equivaleu ao 23,6% do total. 

Canarias foi o destino de 7.056 millóns de euros de gasto turístico entre xaneiro e xullo, un 13,1% máis que no mesmo periodo do ano anterior, representando o 20,5% do total. 

Baleares con 5.401 millóns de euros captados entre xaneiro e xullo, rexistrou un descenso do 4,2% sendo o seu peso no total do 15,7%. 

Andalucía foi o destino de 5.221 millóns no periodo estudado, cunha variación do 12,3% e un peso do 15,1% sobre o total.

A Comunidade de Madrid ingresou 3.195 millóns ata xullo, cunha forte subida do 11% e un peso sobre o total do 9,3%.


A Comunidade Valenciana recibiu 2.871 millóns de euros de gasto turístico entre xaneiro e xullo, cun leve descenso do 0,5%, sendo o seu peso no total do 8,3 %.

O resto das CC.AA recibiu 2.601 millóns de euros de gasto turístico entre xaneiro e xullo, cunha moi apreciable subida do 18,1 % sendo o seu peso no total do 7,5 %.

Tipo de aloxamento, forma de organización e motivo da viaxe:

Segundo esta Enquisa, nos primeiros sete meses do ano, na modalidade aloxamento hotelero gastáronse os turistas 22.383 millóns de euros, un 6% máis que o ano anterior. Isto supuxo o 64,9% do total. 

O aloxamento non hotelero recibiu 12.114 millóns, cunha subida do 8,8% ata xullo, correspondeulle o 35,1%% de porcentaxe sobre o total.

As viaxes sen paquete turístico supuxeron o 65,3% dos realizados nos sete primeiros meses do ano e correspondeulles un gasto de 22.523 millóns, un 3,8% máis. O gasto en viaxes con paquete turístico creceu un 13,6% entre xaneiro e xullo, ata 11.974 millóns, e o seu peso no total foi do 34,7%.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta


Con la tecnología de Blogger.