jueves, 28 de agosto de 2014

Nos debates da lei de aprobación de medidas urxentes para o crecemento da competitividade e a eficiencia

Debatemos o mércores e hoxe xoves na Comisión de Economía e Competitividade o Proxecto de lei de aprobación de medidas urxentes para o crecemento da competitividade e a eficiencia procedente do Real Decreto-lei 8/2014.

Onte seguín especialmente o debate do artigo 2, Capítulo I e disposicións adicionais decimotercera ou decimoctava, disposición transitoria cuarta a undécima e o Título II, Capítulo II, artigo 56 e disposición adicional undécima que afectan ás competencias do Ministerio de Fomento.

Polo GPP interveu o portavoz Andrés Ayala que se referiu á creación dun novo marco de regulación de supervisión para garantir o modelo da rede aeroportuaria, impulsar a actividade económica a través de novas tecnoloxías como son os drones, e a mellorar a competitividade dos portos e a seguridade ferroviaria.


Así, con referencia á regulación aeroportuaria, dixo "que estamos permanentemente defendendo, con coherencia e dun xeito absolutamente mantido no tempo, o noso concepto da rede aeroportuaria de todos os aeroportos de interese xeral que, gústelles máis ou lle guste menos a outros grupos parlamentarios, son de competencia exclusiva do Estado e queremos garantir ese sistema en rede como o valor principal do noso sistema aeroportuario."

Recordou que este proxecto de lei establece que as taxas aeroportuarias estarán conxeladas ata 2025.

Sobre a regulación do uso dos drones dixo que ten como obxectivo facilitar o desenvolvemento dun sector económico emerxente e de gran potencial que vai permitir que se poidan realizar un gran número de operacións con maior eficiencia, seguridade e protección do medio ambiente e garantir a seguridade das persoas e os bens. Uns artefactos que teñen un espectro amplísimo de utilización: loita contra os incendios e salvamente marítimo; inspección de infraestructuras; identificación de bancos de pesca; filmación de películas e fotografía deportiva; control de caza e investigación da vida salvaxe, etcétera.

Tamén fixo referencia a unha parte pequena do proxecto de lei que modifica a Lei de Seguridade Aérea para protexer as actuacións que interfiran á propia seguridade e así prohibe o uso nas contornas aeroportuarios de elementos, obxectos e luces -incluídos os láser- que poidan poñer en perigo a seguridade das operacións aéreas.

Aludiu a mellora da competitividad dos portos, que amplía o actual prazo máximo das concesións, ampliando de trinta e cinco a cincuenta por dúas razóns fundamentais, unha externa e outra interna: a externa é que os principais portos europeos teñen concesións de cincuenta anos e neste mundo global os portos españois están competindo de xeito trascendental e importante cos portos europeos. E a interna, porque na Lei de Costas as concesións teñen o mesmo prazo de cincuenta anos e, xa que logo, parece razoable que as concesións dunha e outra materia poidan ter uns prazos equiparables.

Tamén dixo que é importante que se potencien e propicien os investimentos que fagan os concesionarios en mellorar as conexións intermodales cos portos. E como os orzamentos do Estado non alcanzan a esas conexións e a rendabilidade individual de cada autoridade portuaria si permite que poidan facer investimentos nesas conexións fóra dos límites do territorio portuario que van ser sufragadas polos concesionarios en aumento do seu prazo e facendo máis competitivas ás concesións. Xa que logo, ten plena xustificación.

Finalizou falando da creación do fondo financeiro de accesibilidade terrestre, que está destinado ao financiamento dos accesos, que se vai a nutrir co que acorden Portos do Estado e autoridades portuarias; non se obriga nin a porcentaxes nin a periodos e, evidentemente, son préstamos retribuidos e, xa que logo, é un xeito de financiarse cos fondos que as autoridades portuarias están dispoñendo que parece razoable que non estea rentando o 0,1% nun banco e que estea servindo á creación de novas infraestructuras.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta