sábado, 30 de agosto de 2014

O Estado reduce o seu déficit en 0,52 puntos de PIB nos sete primeiros meses do ano

Onte a Intervención Xeral do Estado divulgou os principais indicadores da actividade económica e financeira do Estado, correspondentes ao mes de xullo de 2014.

Así sabemos que o Estado rexistrou ata xullo un déficit de 32.050 millóns de euros en termos de contabilidade nacional, cifra que supón unha redución do 13% respecto ao mesmo período de 2013. En termos de PIB, o déficit é equivalente ao 3,08% fronte ao 3,60% rexistrado en xullo de 2013. Esta redución do déficit débese ao aumento dos recursos non financeiros nun 3,0% e ao descenso dos empregos non financeiros nun 2,6%.

Os ingresos non financeiros, sen descontar a participación nos tributos das Administracións Territoriais, crecen un 8,5% en termos homoxéneos, é dicir, axustando o diferente ritmo de execución das devolucións. Esta mellora débese, en gran parte, ao gran dinamismo dos ingresos impositivos que aumentaron un 5,4% nos primeiros sete meses de ano. Os impostos indirectos aceleraron o seu ritmo de crecemento en xullo, rexistrando unha taxa de crecemento do 5,8%, mentres que os impostos directos aumentaron un 5% interanual.

O Estado continúa diminuíndo os gastos non financeiros no mes de xullo, rexistrando un descenso acumulado do 2,6% en relación a xullo de 2013, ata situarse en 102.518 millóns.

Dentro do gasto corrente, destaca a diminución do gasto en consumos intermedios, un 19,5% menos que en xullo 2013, debido ao descenso das entregas de armamento militar, así como a diminución do 9,2% nas transferencias correntes, fundamentalmente polo descenso das transferencias destinadas á Seguridade Social que caen un 12,5% ata xullo.

Tamén diminúen as transferencias sociais en especie. Pola súa banda, a remuneración de asalariados mantense constante no mesmo nivel do ano anterior cun gasto de 11.068 millóns.

Respecto aos gastos de capital, destaca a redución da formación bruta de capital fixo nun 6,1%.


Concluindo o Estado reduce o seu déficit en 0,52 puntos de PIB nos sete primeiros meses do ano, o que fai presumir que  España, cumplirá cos compromisos suscritos con Bruselas, o que vai permitir seguir reducindo o déficit público, unha peza decisiva para garantir o mantemento do Estado de benestar.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta