viernes, 29 de agosto de 2014

Irene Garrido Valenzuela é a nova Presidenta do ICO

Irene Garrido na Comisión de Economía
No Consello de Ministros celebrado hoxe foron adoptados varios importantes nomeamentos de altos cargos económicos.

Resalto o de Irene Garrido Valenzuela, como presidenta do Instituto de Crédito Oficial (ICO). Estos son os seus datos biográficos:

Nacida el 29 de marzo de 1960, es Doutora en Ciencias Económicas e Empresariales pola Universidade de Santiago de Compostela, Master en Xestión e Dirección Financeira de Empresas.

Na Universidade de Vigo foi secretaria do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade e Vicedecana de Extensión Universitaria e Prácticas en Empresas. Foi coordinadora de 47 cursos do Centro Docente de Investigación da Universidade Internacional Menéndez Pelayo e desde 2006 é directora do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade de Vigo.

En novembro de 2011 foi elixida Deputada Nacional ao Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra e actualmente é viceportavoz da Comisión de Economía e Competitividade e vocal das comisións de Orzamentos, Sanidade e Servizos Sociais e para as Política Integrais da Discapacidade, así como a Subcomisión para a Reestructuración Bancaria e o Saneamento Financeiro.

Ademais destes datos biográficos, podo acreditar por compartir escano con ela no Pleno do Congreso e particularmente na Comisión de Economía , durante tres anos, os seus enormes coñecementos económicos, a súa capacidade de traballo e a súa vocación de servizo público con gran sensibilidade cara ao mundo empresarial e emprendedor.

Pero sen dubida, sobre as súas competencias profesionais, cabe destacar que é unha excelente persoa: próxima, sinxela, familiar, e boa en grado extremo.

Así que lle dou a máis sincera noraboa e desexolle o mellor na súa xestión á fronte do ICO, que como sabemos é unha Entidade de Crédito coa consideración de Axencia Financeira do Estado, con personalidade xurídica, patrimonio e tesorería propios, así como autonomía de xestión para o cumprimento dos seus fins.

O ICO é un banco público e réxese polo principio de equilibrio financeiro, de acordo cos seus Estatutos. Finánciase nos mercados nacionais e internacionais. As débedas e obrigacións que contrae, gozan fronte a terceiros da garantía explícita, irrevocable, incondicional e directa do Estado español.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta