Logo da salutación polo alcalde e a intervención do Presidente do PP de Pontevedra, interveu o presidente do PP de G e da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
E pechou o acto Mariano Rajoy que pronunciou un discurso do que resalto estas mensaxes:
"O ano que vén, cando volvamos vernos todos aquí, estaremos moito mellor que hoxe".
"Malia a evidente mellora, que algúns seguen negando, aquí, autocomplacencia, ningunha".
"Seguimos traballando para que a mellora sexa maior, crese emprego e chegue a todos os españois".
"Quero dar as grazas a esa maioría silenciosa de españois, que son moitos, moitos máis do que pensan algúns, que entenderon as decisións que habemos ter que tomar. Que as entenderon, que o comprenderon e que hoxe se dan conta que tiñan o seu sentido. Sen esas decisións, as cousas estarían moito peor".
"España está en disposición de suscitar unha guerra sen cuartel contra o paro".
"Imos revisar unha vez máis ao alza as nosas previsións de crecemento, aquí non falamos de brotes verdes, falamos de raíces vigorosas".
"O 2015 será o ano da baixada de impostos, do afianzamento do crecemento e do emprego e de perseverar nos esforzos reformistas".
"A reforma fiscal premia os desvelos do pequeno aforrador, libera de cargas a quen gañan menos e alenta aos emprendedores".
"Fai un ano, aquí en Sotomaior, dixen que baixaría os impostos. Esa baixada de impostos acabámola de presentar nas Cortes. cumprín a miña palabra".
"Os que gobernaron entre 2008 e 2011 deberían recordar que deixaron a 3,4 millóns sen traballo".
"O que ao final acaba afundindo o Estado de benestar son as políticas económicas equivocadas".
"Hai en política outra forma de facer as cousas e as receitas económicas da esquerda fracasaron".
"Non hai democracia sen lei. Non a hai. Sen lei non hai democracia. E, xa que logo, a lei está por encima de todo. E todos estamos obrigados a cumprir a lei. Todos, sen excepción. O que é de todos, decídese entre todos. España é de todos. A unión fai a forza, mentres a división sempre a discordia.
Somos partidarios de falar, é a mellor forma de resolver os problemas. Pero, desde logo, o presidente do Goberno non pode consentir que ninguén viole a lei. Espero que todo o mundo actúe coa responsabilidade que a ocasión require".
Este é o link de acceso directo á integridade do discurso de Rajoy:
http://www.pp.es/sites/default/files/documentos/14.08.31_discurso_mariano_rajoy_soutomaior.pdf
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta