Onte en Baiona, participei na trixésima edición da carreira pedestre "Andar e Correr" onde máis de 2.000 deportistas, 1.300 deles na proba absoluta, corremos o duro percorrido de 10 quilómetros sobre o que se disputaba.
Circuíto urbano de incio, logo costas empinadas na subida ao monte, descenso ata Baredo, logo o llano da estrada costera con vistas inmellorables ás Cies e finalmente chegada ao parque da Palma.
Circuíto urbano de incio, logo costas empinadas na subida ao monte, descenso ata Baredo, logo o llano da estrada costera con vistas inmellorables ás Cies e finalmente chegada ao parque da Palma.
A proba foi gañada por Uxio Abuín, un triatleta galego que investiu un tempo de 31:15. Na categoría feminina a vencedora foi Iria Fernández, que acabou cun tempo de 39:19.
No meu casou o tempo foi bastante superior ao destes atletas, pero o meu obxectivo non era outro que culminar o percorrido en bo estado e ao ritmo que o meu nivel de adestramento permíteme.
Quero felicitar aos organizadores desta proba que cumpriu nada menos que tres décadas e na que levo participando en case todas as súas edicións e que é unha das carreiras populares máis importantes de Galicia.
http://www.andarecorrer.com/?ui=desktop
http://www.andarecorrer.com/?ui=desktop
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta