martes, 26 de agosto de 2014

Debate na Deputación Permanente sobre o dique flotante de Ferrol

Intervin hoxe na Deputación Permanente do Congreso no debate, manifestando a nosa negativa á comparecencia solicitada polo GP Socialista, do Ministro de Facenda nunha sesión extraordinaria da Comisión de Facenda e Administracións Públicas a celebrar esta semana, para “informar da consulta formal ante a UE e a súa resposta sobre a posibilidade de construír un dique flotante en Ferrol”.
Dixen que era sen dúbida un tema é relevante pero que non tiña a compoñente de urxencia exixible para que debera facerse nun período extraordinario de sesión que remata o vindeiro domingo.

En primeiro lugar manifestei que non compartímos a resposta da Dirección Xeral da Competencia da UE, que non nos gusta e desexariamos que fose favorable á posibilitar o investimento da construción dun dique flotante.
Afirmei que é unha resposta negativa da Dirección Xeral da Competencia da UE, que depende da Comisaría de Competencia da que é titular Joaquín Almunia.

Non é unha negativa do Goberno de España nin da Xunta de Galicia.
“É a decisión dun responsable comunitario, afiliado ao Partido Socialista Obrero español, o mesmo que suscitou todos os problemas ao sistema do tax lease español, mentres non fai nada para impulsar a investigación do sistema holandés reiteradamente denunciado.

É moi lamentable que justamente sexa o PSOE o que aproveite a decisión do socialista Joaquín Almunia para cargar contra ou Goberno do PP e o da Xunta.

Lamentamos este uso partidista que intentando trasladar a responsabilidade a quen non a ten.”

Dixen logo que: “equivócanse de forma flagrante.

1. Primeiro, porque son os gobernos do PP os que máis fixeron por avanzar no proxecto do dique flotante.

2. Segundo porque o PSOE non está lexitimado para criticar ao PP, tendo en conta que o que dixo a UE é o mesmo que o que dixo no Pleno do Congreso o 8 de xuño de 2011 a Vicepresidenta segunda do Goberno. Elena Salgado cando aínda gobernaba o PSOE en España: “Para rematar, señoría, en canto á súa pregunta sobre si imos realizar as obras no dique,.., quérolle dicir que non poden ser financiadas cos Orzamentos Xerais do Estado porque sería desde o principio unha axuda de Estado incompatible coa Unión Europea; tardaría só segundos desde a súa plasmación nos Presupostos Xerais do Estado en ser declarada incompatible. (páxina 36 do DS)"

Unha posición negativa do gobernó socialista sen consulta previa a DX de Competencia da UE.
3. E terceiro  porque a situación do estaleiro de Ferrol é a herdanza recibida dun goberno, do PSOE, que non conseguiu un só contrato en 5 anos.

Non aceptamos pois as críticas ao Goberno porque este foi o único goberno que se tomou en serio o proxecto. Creou unha comisión técnica, unha comisión económica e unha comisión xurídica para avanzar.”
“Insisto o Non ao dique dáo a UE, non o dá o PP, nin o goberno de España, nin a SEPI, nin Navantia.

O non ao dique flotante o dío no seu día tamén o goberno do PSOE. E o de agora outro socialista, o Comisario europeo dá Competencia.
Ninguén fixo máis polo proxecto do dique flotante que o PP de G: apoiando, empuxando, incluso ofrecendo financiamento desde a Xunta de Galicia,por importe de 5 millóns de euros.

Dixen que Navantia e o Goberno de España teñen a responsabilidade de cumprir coa normativa comunitaria, garantindo a seguridade xurídica de todas as súas decisións, evitando que poidan producirse sancións adicionais por incurrir en axudas de Estado ilegais.

Apostamos por que Navantia impulse á súa política comercial, potencie a área de reparaciones, e diversifique a súa actividade produtiva poñendo en valor as instalacións tanto de Fene como de Ferrol.

Destaquei o traballo conxunto desempeñado polo Gobirno de España e a Xunta de Galicia en favor do sector naval ferrolano, que permitiu que hoxe Navantia conte con catro novos contratos cun investimento de máis de 400 millóns que duplica o previsto para o dique flotante.

Agora temos:

1. O barco contratado pola Mariña Española BAM, (vai ocupar 1,1 millóns de horas de traballo, terá un prezo aproximado de 200 millóns e o seu período de execución será de 30 meses unha vez que sexa aprobado polo Consello de Ministros)

2. A construción do flotel para Pemex (300 millóns de euros)

3. O precontrato para o deseño do buque LHD para a armada turca.

4. E a transformación do barco Monforte de Lemos.

Concluín decindo que “Ferrol é unha absoluta prioridade para o Goberno de España e o de Galicia. E que seguiremos traballando para continuar dotando de carga de traballo as gradas de Navantia Ferrol". Se quere ver o debate prema este link:


 http://www.congreso.es/wc/htdocs/web/jsp/canalParlamento/reproductorDirectoAkamai/player_diferidomp4.jsp?codSesion=15&codOrgano=500&fechaSesion=26/08/2014&mp4=mp4&idLegislaturaElegida=10

(Desde o minuto 6.57.50 a 7.16.05)







Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta