lunes, 1 de septiembre de 2014

Fortes crecementos das vendas de automobiles nos oito primeiros meses do ano

Excelente noticia a que hoxe difunden ANFAC, FACONAUTO e GANVAN relativa a que as vendas de coches acumulan un ano consecutivo de crecementos e que nos oito primeiros meses do ano se venderon 583.663 coches, crecendo a un ritmo do 16,4%.

Supón  a mellor cifra dos principais mercados europeos. E ademáis este resultado, é a mellor cifra dende o ano 2010.

Informan que neste mes de Agosto - aínda que é o mes estacionalmente máis baixo do ano - as vendas de coches creceron un 13,7%, cun volume de 45.355 unidades.

Consideran que o esforzo comercial que están a levar a cabo fabricantes e concesionarios unido ao forte impulso do mercado grazas ao Plan PIVE, son os dous factores diferenciadores e dinamizadores do mercado de automóbiles, que á súa vez, significa, un maior movemento do consumo privado.

Malia que aínda non se recuperaron os niveis pre-crise, estes resultados confirman que o camiño do automóbil é o correcto, xa que o efecto transversal que ten sobre outros sectores, multiplica os efectos deste tipo de plans e os estende a outros sectores económicos en directa relación co automóbil.

A canle de particular, é sen dúbida, a máquina tractora que tira do carro do mercado. Ata finais de Agosto, consumíranse un 40% dos fondos totais previstos para o Plan PIVE 6.

En Agosto, as compras de particulares alcanzaron as 31.377 unidades, cunha variación positiva do 11,4%. No período Xaneiro-Agosto, esta canle presenta un crecemento do 20,2% cun volume de 306.187 unidades.

Pola súa banda, a canle de empresas mantén a tendencia positiva e no mes crece un 19,1%, cun volume de 12.336 unidades. Nos oito primeiros meses do ano, esta canle crece un 10,9% cun volume de 137.349 unidades.

Por último, a canle de empresas de aluguer crece no mes un 20,9%, con 1.642 unidades. No período acumulado, esta canle ten un crecemento do 14,2% con 140.127 unidades.

Oxalá que estes bos indicadores de matriculacións se afiance notempo, porque en torno ao mundo do automóbil se moven miles de emprego nas nosas plantas industriais, nas industrias auxiliares, nos concesionarios, nos talleres, nos seguros, as xestorías e un longo etcétera.

Hai percorrido para crecer, tendo en contra que o noso parque automobilístico segue tendo unha antigüidade que non se corresponde co grao de desenvolvemento dun país como España.

http://www.minetur.gob.es/energia/es-ES/Servicios/VehiculoEficiente/Paginas/programa-vehiculo-eficiente.aspx

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta