Celebro moito que onte a Comisión de Cultura do Congreso, aprobase por unanimidade unha Proposición non de Lei do Grupo IU.CHA defendida por Chesús Yuste que aceptou transaccionar co Grupo Parlamentario Popular, que tivo en Ascención Figueres a súa voceira.
O texto definitivamente aprobado di:
"O Congreso dos Deputados insta ao Goberno a continuar apoiando ás librarías como un elemento imprescindible para a dinamización da vida cultural, mediante unha política en defensa das librarías, contando co sector e, en concreto, coa Confederación Española de Gremios e Asociacións de Libreiros (CEGAL), que implementar, polo menos, medidas para:
a) recuperar o papel da libraría como espazo de xestión cultural e o papel do libreiro como prescriptor e mediador cultural,
b) garantir o prezo fixo do libro,
c) apoiar mediante diversas liñas de axuda a súa adaptación ao novo marco social, económico e tecnolóxico e
d) promover, coa colaboración do sector libreiro e as administracións autonómicas competentes, un selo de calidade para as librarías que actúen como motor cultural do seu entorno ao que poidan acceder potencialmente libreiros de todo o territorio do Estado. "
Noraboa.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.