jueves, 12 de junio de 2014

Na inauguración do novo hub de Air Europa e da alianza SkyTeam no Aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barajas

Asistín hoxe como  invitado ao acto de inauguración do novo hub de Air Europa e da alianza SkyTeam no Aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barajas, que se consolida como o principal centro de conexións de Europa con Iberoamérica.

Presidiu o acto a Ministra de Fomento, Ana Pastor e estiveron presentes tamén o presidente de Globalia, Juan José Hidalgo, o director xeral da alianza SkyTeam, Michael Wisbrun, e o presidente de Aena, José Manuel Vargas.

O novo hub, é o segundo do Aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barajas, e foi establecido por Air Europa e as compañías aéreas da alianza SkyTeam nas terminales T1, T2 e T3 do aeroporto. Desta forma, as tres terminais convértense nunha plataforma estratéxica para as aerolíneas da citada alianza, que dispoñen así dun centro de conexións de voos no que poden concentrar a pasaxeiros que proceden de diversas cidades e que queren voar a un mesmo destino.

Neste novo hub do aeroporto, as operacións aéreas internacionais realizaranse desde a terminal T1, mentres que os voos domésticos e Schengen serán operados desde as terminales T2 e T3.

Durante a súa intervención, a ministra de Fomento destaco que o investimento realizado por Aena Aeroportos para o establecemento deste novo hub ascendeu a 500.000 euros. 

Ana Pastor valorou a profunda transformación vivida durante estes dous últimos anos por Aena para adoptar un modelo baseado no investimento produtivo, a eficiencia e os resultados.

Un cambio que permitiu pechar o exercicio de 2013 cun beneficio neto de 715M € e un aforro no periodo 2011-2013 de 320M€.

A ministra dixo que "estas cifras poñen de manifesto un cambio que devolveu a viabilidade económica ao Grupo Aena", indicando que a positiva evolución do tráfico e a importante redución de custos realizada permitiu suscitar para 2015 a concelación das tarifas aeroportuarias.

Neste sentido, recordou que as tarifas aeroportuarias españolas son un 35,4% máis baratas que a media europea, e que as infraestructuras aeroportuarias españolas atópanse entre as mellores de Europa.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.