miércoles, 11 de junio de 2014

A nova política comercial de servizos de viaxeiros de Renfe

Hoxe compareceu na Comisión de Fomento o Presidente de RENFE, Julio Gómez-Pomar Rodríguez para informar sobre o balance da nova política comercial de servizos de viaxeiros durante 2013 e as accións a desenvolver en 2014.

E ademais informar sobre outras cuestións formuladas nas peticións de comparecencia por varios Grupos, fundamentalmente para explicar a suba das tarifas nos servizos de proximidade ferroviaria e media distancia.

Sobre temas referentes á Comunidade Autónoma de Galicia dixo:

- Alvia con Trens Híbridos Madrid-Galicia. Sinalou que foi posto en servizo en xuño de 2012, e un ano despois, en xuño de 2013, engádese un servizo diario a Lugo e Ferrol e incorpórase un servizo matinal.

Dixo que estes trens transportaron 549.200 viaxeiros en 2013, e 237.200 viaxeiros entre xaneiro e maio de 2014, un 49,4% máis que no mesmo período de 2013.

Afirmou que a relación diúrna completa Madrid-Galicia practicamente duplicou o número de viaxeiros no ano 2013 respecto ao ano anterior.

Se no ano 2013 se transportaron 634.900 viaxeiros, no período entre xaneiro e maio de 2014 a cifra alcanza os 301.200 viaxeiros, un 89,7% máis que o mesmo período do ano anterior.

- Novo servizo internacional Vigo-Oporto: Dixo que se oferta como un servizo directo. Transportou 23.700 viaxeiros dende xullo a decembro de 2013, que supón un 76,9% de crecemento sobre o mesmo período do ano anterior. Nos 5 primeiros meses deste ano transportou 12.600 viaxeiros. 

Se quere ver o debate prema neste link:

http://www.congreso.es/portal/page/portal/Congreso/GenericPopUp?next_page=/wc/verEmisionAudiovisual&idOrgano=327&idSesion=33&fecha=11/06/2014&secuencia=560836&legislatura=10



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.