Sobre o debate do Proxecto de Lei de Orgánica de Abdicación

A próxima semana, en concreto o mércores 11 teremos unha moi importante sesión do Pleno do Congreso dos Deputados na que debateremos e votaremos o Proxecto de Lei de Orgánica de abdicación da súa Maxestade o Rei don Juan Carlos I de Borbón, que require maioría absoluta para ser aprobado, dado o seu carácter orgánico.

O Consello de Ministros aprobou onte o proxecto, de acordo co artigo 57.5 da Constitución Española, que dispón que "as abdicacións e renuncias e calquera dúbida de feito ou de dereito que ocorra na orde de sucesión á Coroa resolveranse por unha lei orgánica".

O proxecto de Lei Orgánica consta dun artigo único co seguinte texto: "S. M. o Rei Juan Carlos I de Borbón abdica a Coroa de España. A abdicación será efectiva no momento de entrada en vigor da presente Lei Orgánica".

Unha vez cualificado pola Mesa do Congreso, que abriu un prazo para presentar enmendas de devolución ata o luns ás 20,00 horas, a Xunta de Portavoces acordou incluílo na orde do día da sesión plenaria do próximo día 11 de xuño, mércores.

O Pleno empezará ás 9,00 co debate e votación da proposta de tramitar o proxecto en lectura única. 

A continuación comezará o debate coa exposición do proxecto por parte do Goberno e a intervención dos grupos parlamentarios de maior a menor, salvo o Grupo Popular, que intervirá en último lugar.

Unha vez votadas, no caso de que as haxa, as enmendas de devolución e aprobado o proxecto, que require maioría absoluta dado o seu carácter orgánico, o texto pasará directamente ao Senado para continuar  a tramitación.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.