Potente impulso á afiliación á Seguridade Social

Coñecemos hoxe que no conxunto de España a afiliación á Seguridade Social no mes de maio tivo un incremento de 198.320 afiliados medios (1,21%). 

Trátase do maior aumento da serie estatística comparable tendo en conta que en 2005 tivo a regularización extraordinaria de inmigrantes. Este ascenso sitúa o número de ocupados en 16.628.373 persoas.

En termos interanuais, o número medio de afiliados aumentou en 261.361 (1,60%), tras cinco exercicios de descensos no devandito mes. Hai que retrotraerse a 2007 para encontrar un incremento superior de ocupados nun mes de maio.

A este conxunto de datos positivos súmase tamén o da relación afiliado/pensionista que se sitúa en 2,29, o terceiro crecemento no ano. O bo comportamento da afiliación reflíctese tamén no dato desestacionalizado, que avanza por noveno mes consecutivo ao sumar 49.128 persoas. Os datos corroboran que a melloría do mercado laboral español non é conxuntural senón estrutural.
A Seguridade Social gañou unha media de 5.808 afiliados o pasado mes de maio en Galicia, o que supuxo un incremento do 0,64 por cento con respecto ao mes anterior.

Así, segundo os datos do Ministerio de Emprego e Seguridade Social publicados este martes, o número de ocupados en Galicia afiliados situouse en 915.301, deles os 391.303 na provincia da Coruña, 312.455 na de Pontevedra, 114.258 en Lugo e 97.285 en Ourense.

Por provincias, a variación media mensual alcanzou o 0,93 por cento en Pontevedra, con 2.886 afiliados máis; o 0,55 por cento, na Coruña (2.141); o 0,43 por cento, en Lugo (490); e o 0,3 %, en Ourense (291).


A taxa interanual de afiliación media na Comunidade galega rexistrou o pasado mes o 0,34 por cento, o que supuxo unha variación de 3.128 afiliados.
A variación media interanual por provincias situouse no 0,62 por cento na Coruña (2.407 afiliados máis), 0,31% en Pontevedra (963), 0,03% en Lugo (38) e -0,29 en Ourense (-280).

Por réximes, dos 915.301 afiliados en Galicia en maio a media era de 678.469 cotizantes no Réxime Xeral; 21.274 no de Mar; e 215.558 no de Autónomos.

Por réximes, dos 97.285 afiliados en Ourense en maio a media era de 71.429 cotizantes no Réxime Xeral e 25.856 no de Autónomos.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.