Na presentación do informe da Comisión Técnico-Científica para o estudo de melloras no sector ferroviario


Onte pola mañá acudín a un acto que presidiu a ministra de Fomento, Ana Pastor, en concreto a, a xornada de presentación do informe da Comisión Técnico-Científica para o estudo de melloras no sector ferroviario.


Unha Comisión de expertos, que preside Ignacio Barrón creada por unha Orde Ministerial de 2 de agosto de 2013 do Ministerio de Fomento e que está formada por un grupo de prestixiosos expertos de profesionais das distintas especialidades relacionadas co ferrocarril.

Tiña como obxectivo elaborar un informe que inclúa un estudo do sector ferroviario en España, a súa comparativa con outros países do ámbito, o estudo da normativa existente, unha análise de medidas para o reforzo e a mellora da seguridade, e elaborar propostas de posible mellora.

Na apertura, a ministra afirmou estar moi satisfeita co traballo realizado e cuns resultados e recomendacións que son "máis que simples opinións, opinións autorizadas e fundadas no coñecemento que representan un punto de vista profesional que axudará a tomar decisións políticas, económicas e sociais".

Ana Pastor subliñou que o traballo da comisión, formado por doce especialistas e dous recoñecidos expertos invitados e na que colaborou unha cincuentena de profesionais e trinta institucións e empresas, "afianzará un sistema ferroviario que xa se encontra entre os mellores do mundo". 

Así mesmo, destacou que o traballo da comisión cuxos integrantes achegaron "independencia, rigor e a mellor consideración polo sector ferroviario", será soporte para futuras tarefas e abre campos de traballo que se abordarán en breve, para o que convocou aos expertos da comisión e a aqueles que queiran colaborar neses labores.

A xornada, continuou cunha presentación global do contido do Informe e coas presentacións de cada un das seccións en que se dividiron os traballos da comisión, Sector Industrial Ferroviario Español, Infraestrutura Ferroviaria Española, Superestrutura e Instalacións Ferroviarias, Formación e a Investigación no Sector Ferroviario Español e Planificación Xeral do Sector Ferroviario Español.

A xornada pechouse coa presentación das conclusións a cargo do presidente da Comisión, Ignacio Barrón e co acto de clausura que presidiu o Secretario de estado de Infraestructuras, Transporte e Vivenda, Rafael Catalá.

Polo que puiden escoitar, estamos ante un traballo sumamente complexo e dificil, resultante de seis meses de recollida de material, contraste de opinións, dicusións e debates sobre temas moi diferentes. Por outra parte un labor altruísta e xeneroso destes expertos, que non peribiron emolumentos pola sua dedicación.

Vou ler tan pronto poida este informe, cos seus comentarios e recomendacións que dende unha perspectiva técnica e cientifica, axudarán ao desenvolvemento futuro do ferrocarril na nosa Nación.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.
Con la tecnología de Blogger.