Reformas estructurais no sector do transporte: a liberalización do transporte ferroviario de viaxeiros e a entrada ao capital privado en AENA

Hoxe o Consello de Ministros impulsou dúas reformas estructurais no sector do transporte: a liberalización do transporte de viaxeiros e a entrada ao capital privado en AENA. O obxectivo destas reformas é mellorar a calidade do servizo público de transporte e a movilidade dos cidadáns en todo o territorio nacional. 

Por unha banda un Acordo polo que se determina o número e vixencia de títulos habilitantes para a prestación de servizos de transporte ferroviario de viaxeiros en réxime de concurrencia en determinadas liñas e tramos da Rede Ferroviaria de Interese Xeral.

Ademais, deu o seu visto bo á posta en marcha do proceso para a entrada de capital privado en AENA Aeroportos, S.A., coa autorización legal contida no Real Decreto Lei 13/2010

En roda de prensa a ministra de Fomento, Ana Pastor, afirmou que o Goberno quere "dotar ao mercado do transporte ferroviario dunha maior oferta de servizos, de prezos moito máis competitivos grazas á maior competencia" e aumentar a súa utilización. Neste sentido, resaltou que nos dous anos e medio de Lexislatura incrementáronse os pasaxeiros grazas a "unha nova política de prezos e a unhas frecuencias máis adaptadas ás necesidades dos cidadáns". Pastor engadiu que tamén se pretende incrementar o uso das "excelentes infraestructuras" ferroviarias, terrestres e aéreas das que está dotado o noso país.

Ana Pastor explicou que o Executivo acordou hoxe licitar un título habilitante, mediante procedemento público, que vai permitir a un operador privado prestar servizos ferroviarios de viaxeiros en competencia con Renfe no corredor de Levante durante sete anos. Tras ese prazo, o corredor abrirase á plena competencia. O novo operador poderá fixar as frecuencias, os servizos e os prezos con liberdade, e alugar o material rodante a Renfe Sociedade de Aluguer.

A titular de Fomento informou tamén que AENA Aeroportos continuará sendo un ente público porque seguirá tendo unha maioría das accións e do capital: o 51%. "O Goberno vai manter a maioría do capital de AENA e o Estado seguirá sendo o posuidor da maioría no Consello de Administración de AENA Aeroportos. O 49% do capital se estructurará entre un 28% que se colocará en Bolsa, a través dunha OPV [Oferta Pública de Venda], e un 21% que se licitará para un núcleo estable de accionistas que serán seleccionados mediante un concurso público e con concurrencia", precisou.

Pastor sinalou que AENA Aeroportos é o primeiro xestor aeroportuario do mundo por número de pasaxeiros e é rendible, por primeira vez, alcanzando un beneficio neto de 597 millóns de euros. En 2013 transportou a 187,4 millóns de pasaxeiros, rexistrando o récord da historia da aviación civil española. "Cando chegamos ao Goberno tiñamos un resultado bruto de explotación de 883 millóns e pasamos, ao peche do 2013, a 1.610 millóns".

A presenza de inversores privados, a xuízo da ministra, vai a fortalecer a xestión da compañía, garantindo a sostibilidade futura do sistema aeroportuario español en rede: "A maior eficacia de AENA será un estímulo ao sector do transporte aéreo en España e aos sectores estratéxicos vinculados, como o turismo e o comercio, e favorecerá o desenvolvemento internacional da compañía".

Ana Pastor recordou que AENA non recibe un euro dos Orzamentos Xerais do Estado e vive dos ingresos que obtén pola súa política comercial e por tarifas.

 Ademais, anunciou que non subirán as taxas aeroportuarias o próximo ano e avanzou a aprobación dun marco regulatorio que establecerá cada cinco anos as condicións e os niveis de calidade do servizo e o marco tarifario.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.


Con la tecnología de Blogger.