jueves, 5 de junio de 2014

Importantes medidas de impulso ao crédito do BCE

Hoxe coñecemos unha noticia económica de gran transcendencia.
O Consello de Goberno do BCE, no cumprimento do seu mandato de manter a estabilidade de prezos, anunciou a adopción de decisións de política monetaria:

O tipo de interese aplicable ás operacións principais de financiamento do Eurosistema reducirase en 10 puntos básicos ata situarse no 0,15%, a partir da operación que se liquidará o 11 de xuño de 2014.
O tipo de interese aplicable á facilidade marxinal de crédito reducirase en 35 puntos básicos ata situarse no 0,40%, con efectos a partir do 11 de xuño de 2014.

O tipo de interese aplicable á facilidade de depósito reducirase en 10 puntos básicos ata situarse no -0,10%, con efectos a partir do 11 de xuño de 2014. 

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta