miércoles, 11 de junio de 2014

O Congreso da efectividade á vontade da Sua Maxestade O Rei de abdicar en favor do seu sucesor

Esta mañá debatemos no Pleno do Congreso dos Deputados o Proxecto de Lei de Orgánica de abdicación da Sua Maxestade O Rei don Juan Carlos I de Borbón, que foi aprobado con 299 votos a favor, 19 en contra e 23 abstencións, co que supera a maioría absoluta necesaria polo seu carácter orgánico.

O Presidente Mariano Rajoy subiu á tribuna do Congreso dos Deputados para explicar a posición do Executivo, afirmando que "damos efectividade á vontade da Sua Maxestade O Rei de abdicar en favor do seu sucesor e damos cumprimento á vontade constituínte, que estableceu claramente o procedemento a seguir neste caso".

Rajoy encadrou este trámite na "normalidade constitucional", un marco "no que adquire sentido a continuidade das institucións, como un síntoma de estabilidade e de madureza democrática". Ademais, apuntou que a sucesión na Xefatura do Estado non se producira con esa normalidade nos dous últimos séculos.

O presidente subliñou que "a forma política de Estado non está na Orde do día desta sesión do Congreso dos Deputados", porque do que se trata é de atender o mandato constitucional do artigo 57.5 de ratificar a vontade do monarca de abdicar. Convócanos aquí hoxe a Constitución para que ratifiquemos, en nome do pobo español, a vontade expresada polo xefe do Estado, e así facela efectiva como corresponde á monarquía constitucional", sinalou.

O presidente destacou que "España é unha monarquía parlamentaria con fondas raíces históricas porque así o queren os españois, que dispuxeron ademais na Constitución que herdarán a Coroa os sucesores de don Juan Carlos,". Rajoy engadiu que os españois estiman que a Monarquía é a opción que mellor garante a imparcialidade, a estabilidade política e a convivencia en paz, "que é indispensable para o progreso e a prosperidade".

Mariano Rajoy deu as grazas a todos os grupos da Cámara que anunciaron o seu apoio a esta Lei, un respaldo que "nos permite, ademais de cumprir o mandato constitucional, ofrecer unha imaxe de seriedade e responsabilidade exemplares no funcionamento das nosas institucións democráticas".

Rajoy eloxiou o papel de don Juan Carlos na "transformación formidable" experimentada por España durante os 39 anos do seu reinado. Ese proceso, argumentou, é o froito da decisión española e tamén "do impulso e o liderado catalizadores do cambio" levados a cabo polo Rei. Entre os méritos do monarca, o presidente mencionou a súa contribución ao diálogo, o seu recoñecemento da diversidade de España e a elección das persoas axeitadas para a transformación do sistema político, e é obrigado aquí recordar unha vez máis ao recén desaparecido Adolfo Suárez",dixo.

O xefe do Executivo tamén se referiu ao "coidado" posto por don Juan Carlos na preparación do seu sucesor. Ademais, asegurou que ten a certeza, " e téñena a maioría dos españois", de que don Felipe de Borbón e Grecia conta coas calidades necesarias para o exercicio das funcións constitucionais atribuídas ao Rei. Rajoy afirmou que o Príncipe de Asturias coñece "os problemas e as ambicións dos españois" e "esforzouse en coñecer de primeira man, en apreciar e en defender a diversidade dos nosos pobos e culturas".

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.