Salientable descenso da prima de risco

A noticia económica de hoxe é que a prima de risco española caeu a 120 puntos básicos (niveis de maio de 2010) despois de que o rendemento do bono a dez anos rexistrase un novo mínimo histórico ao pechar no 2,575 %, o que supón que España xa paga menos intereses pola súa débeda a longo prazo que Estados Unidos.

O vicepresidenta e voceira do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, valorou hoxe no Foro España Internacional este descenso da prima de risco, que, segundo dixo, supón "confianza en vea" para a economía española e leva consigo un "efecto real" sobre empresas e persoas".

Dixo que é o resultante dun proceso "moi amplo" de reformas en España e na UE.

Indicou que xa non falamos da prima de risco neste país" posto que "como vai ben a sacamos da familia", se ben subliñou que estes datos do diferencial da débeda teñen un "efecto real" sobre empresas e persoas.

"A mellora do financiamento das administracións tamén é unha mellora do financiamento das empresas", apuntou a vicepresidenta, que destacou que estes niveis de confianza contribúen a impulsar o crédito e "atraen investimento".

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.
Con la tecnología de Blogger.