O presidente dos Estados Unidos Mexicanos, Enrique Peña Nieto visita o Congreso

Recibimos hoxe no Congreso dos Deputados a visita do presidente dos Estados Unidos Mexicanos, Enrique Peña Nieto, que realiza unha visita de Estado a España.

Os presidentes do Congreso dos Deputados, Jesús Posada, e do Senado, Pío García Escudero recibiron ao presidente Peña Nieto quen a continuación entrou ao Hemiciclo.

O presidente Posada  pronunciou unhas palabras, para expresarlle, a máis cordial e calorosa benvida do Congreso dos Deputados, das Cortes Xerais, que albergan a suprema representación do pobo español.

Aludiu á profunda amizade entre México e España, dous países unidos por sólidos vínculos históricos e culturais e, o que é máis importante, por lazos de verdadeiro afecto entre os seus pobos.

Fixo referencia á data do 28 de marzo de 1977, hai agora 37 anos, cando se reestableceron as relacións diplomáticas entre ambas as dúas nacións.

Dixo que hoxe México e España son democracias consolidadas e teñen sólido peso na sociedade internacional, son nacións prósperas e con extraordinario potencial. E iso, a pesar da crise económica que nos golpeou na etapa máis recente.

Destacou Posada que no ámbito económico, os nosos intercambios comerciais se multiplicaron por 50 dende 1977, véndose especialmente favorecido dende a entrada en vigor, hai 14 anos, do Tratado de Libre Comercio entre México e a Unión Europea.


Rematou recordando que os españois queremos profundamente a México, e os mexicanos queren profundamente a España.
Unha visita que valoro dun modo positivo, pola importancia que México ten nas relacións comerciais e industriais con Galicia.
Lembremos a sinatura do acordo estratéxico coa cuarta petroleira do mundo, Pemex, que permitiu dotar de carga de traballo inmediata ao sector naval galego e contratos por máis de 600 millóns de euros que son unha realidade para os nosos estaleiros.

O citado acordo con Pemex non só supuxo os contratos dos floteis para Barreras e Navantia, senón tamén a entrada da empresa mexicana no accionariado do estaleiro vigués, que vai construír nove embarcacións. 


Impulsou tamén, a decisión de situar o primeiro núcleo loxístico de Pemex no Porto Exterior da Coruña e a posibilidade de acceso á contratación da renovación da flota menor de Pemex, na que Barreras vai a participar con tres buques tanque e na que os estaleiros galegos seguen implicados.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.