O
Servizo Público de Emprego Estatal difundiu hoxe os datos oficiais do paro
rexistrado correspondentes ao mes de abril de 2014
Son os
seguintes:
Ourense:
Baixa o
paro rexistrado en abril en relación co mes anterior en 834 persoas, baixou un – 2,76 %.
O numero
de parados queda en 29.382, deles 14.028 son homes e 15.354 mulleres, 27.483
son maiores de 25 anos e 1.899 menores.
Por
sectores, 1.318 son da agricultura, 4.289 da industria, 4.076 da construción,
17.260 nos servizos e 2.439 do colectivo sen emprego anterior.
En
termos interanuais e absolutos, Ourense
rexistra un salientable comportamento, xa que temos 2.217 parados menos que en
abril de 2013.
Con
respecto á media do Estado, cómpre destacar que este abril a evolución
interanual en Ourense é mellor que a media estatal e que a galega:
Interanual
Estado: -6,11% / Galicia: -6,99% / Ourense: -7,02 %
Galicia:
O paro
rexistrado de Galicia baixou en abril
en 6.319 persoas con respecto a
marzo, un – 2,29 %. O número de parados queda fixado en 270.144, deles 130.746
son homes e 139.398 mulleres, 253.570 son maiores de 25 anos e 16.574 menores.
Por sectores, 9.223 son da agricultura,
37.784 da industria, 38.616 da construción, 162.812 nos servicios e 21.709 do
colectivo sen emprego anterior.
En termos intermensuais, Galicia rexistra a maior baixada da serie histórica,
só superada pola de 1996. A baixada de 6.319 persoas é case nove veces superior
á rexistrada o ano pasado en Galicia en abril.
É tamén o primeiro ano, desde 2007, no que se produce unha baixada interanual no mes de abril: -20.315 persoas, -6,99%. (No ano anterior, a interanual rexistrou un aumento de 12.815 persoas, un 4,62%)
É tamén o primeiro ano, desde 2007, no que se produce unha baixada interanual no mes de abril: -20.315 persoas, -6,99%. (No ano anterior, a interanual rexistrou un aumento de 12.815 persoas, un 4,62%)
En termos interanuais e absolutos, Galicia tamén rexistra o mellor comportamento da serie histórica desde 1996. En termos relativos, é o mellor dato desde 2007 e é a sexta comunidade autónoma na que máis baixa o paro rexistrado en termos interanuais (só superada por Aragón, Baleares, Cantabria, Valencia e Murcia)
Ademais, estamos a falar da sexta baixada interanual consecutiva do paro rexistrado, e a maior de todas elas (en marzo, a interanual foi do -5,06%). Isto confirma a tendencia de mellora progresiva que se iniciou no ano 2013.
Con respecto á media do Estado, cómpre destacar que este abril a evolución interanual galega é mellor que a media
Interanual Estado: -6,11 % / Galicia: -6,99 %
España:
O paro
baixou en abril en 111.565
persoas, un – 2,33 %. Queda
situado en 4.684.301 persoas.
Deles 2.262.612 son homes e 2.421.689 son mulleres. 4.269.324 son maiores
de 25 anos e 415.977 menores.
Por sectores, 224.699 son da agricultura,
493.736 da industria, 617.966 da construción, 2.961.616 nos servizos e 386.284
do colectivo sen emprego anterior.
Estes resultados acreditan que se trata do mellor comportamento do paro
rexistrado nun mes de abril en toda a serie histórica.
Sen ter en conta o efecto estacional, o paro diminúe en 50.202 persoas, fronte
ao un incremento en promedio de case 37.000 persoas nos últimos 5 anos. É tamén
a maior caída do paro desestacionalizado nun mes de abril. O paro cae en
términos corrixidos de estacionalidade por noveno mes consecutivo. Desde 1999
non se rexistraba unha tendencia descendente tan prolongada.
Durante os últimos doce meses o paro rexistrado diminuíu en 304.892
persoas. A taxa interanual, que en outubro se situou en valores negativos por
primeira vez desde maio de 2007, acentúa un mes máis a súa caída e alcanza o
-6,11%. Acumula xa un descenso de máis de 18,5 puntos desde que, en mayo de
2012, alcanzase un valor de 12,5%.
Entre os menores de 25 anos o paro rexistrado diminúe nos últimos 12 meses en
58.770 persoas, o que supón un descenso do 12,38%.
O paro rexistrado baixa en todas as Comunidades Autónomas, encabezadas por
Andalucía (-27.674), Cataluña (-12.645) e Madrid (-10.965).
Por sectores económicos de procedencia dos traballadores, o paro rexistrado
presenta as seguintes variacións respecto de marzo: En Agricultura redúcese en
6.238 (-2,70%); en Industria baixa en 8.282 (-1,65%); en Construción redúcese
en 11.203 (-1,78%); en Servizos baixa en 84.706 (-2,78%). Para rematar, o
colectivo Sen Emprego Anterior redúcese en 1.136 persoas (-0,29%).
Tamén merece destacar o dato de que en abril de 2014 rexistráronse 122.621
contratos de traballo de carácter indefinido, o que representa un incremento de
24.272 (24,68%) sobre igual mes do ano anterior.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.