Aumenta notablemente a afiliación media á Seguridade Social en abril

Onte coñecemos o moi favorable dato de que o número medio de afiliados á Seguridade Social no conxunto de España alcanzou o pasado mes de abril os 16.430.053 ocupados, tras aumentar en 133.765 persoas (0,82%).

Trátase do mellor comportamento da afiliación da serie estatística comparable exceptuando 2005, ano no que tivo lugar a última regularización extraordinaria de inmigrantes en España.

En términos interanuais, o Sistema sumou 197.701 afiliados (1,22%). Hai que retrotraerse a 2008 (cando a afiliación media avanzou en 205.053) para atopar un incremento superior de ocupados nun mes de abril.

O bo comportamento da afiliación reflíctese tamén no dato desestacionalizado, que creceu por oitavo mes consecutivo ao sumar 61.111 persoas.

A afiliación ao Réxime Xeral aumentou en abril en 111.241 persoas (0,84%), o que sitúa o total de afiliados medios en 13.283.268. No último mes, o crecemento de afiliados impera na maioría dos sectores. Destaca Hostelería, con 64.774 ocupados máis (6,94%); Comercio, Reparación de Vehículos de Motor e Motocicletas, 11.819 (0,56%) e Actividades Administrativas e Servizos Auxiliares, 11.355 (1,11%).

Dentro do Réxime Xeral, cabo sinalar que o Sistema Especial Agrario experimentou un descenso de 6.226 afiliados medios respecto de marzo (-0,82%), o que sitúa o número de ocupados 755.084. O Sistema Especial do Empregados do Fogar, pola súa banda, sumou 2.037 afiliados (0,48%), polo que agora alcanza os 430.743 afiliados medios.

O Réxime de Autónomos conta con 3.080.910 afiliados, tras crecer en 21.946 persoas (0,72%), o maior incremento rexistrado na serie histórica comparable. No Réxime do Mar a ocupación aumentou en 612 (1%), ata os 61.635 afiliados medios. Finalmente, o Carbón descendeu en 34 afiliados, situándose en 4.240.
A afiliación no total do Sistema incrementouse en 197.701 afiliados, é dicir, un 1,22% e no Réxime Especial de Traballadores Autónomos hai que sinalar que a taxa de afiliación aumentou un 2,11%, o que se traduce nun crecemento de 63.600 persoas nos últimos doce meses.

O Réxime do Mar incrementouse en 487 ocupados (0,80%). Pola súa banda o Carbón sitúase en 4.240 afiliados medios, tras un aumento de 294 afiliados (7,44% máis).

GALICIA:

O número medio de afiliados á Seguridade Social no conxunto de Galicia alcanzou o pasado mes os 909.493 ocupados, tras aumentar en 3.443 persoas (0,38 %).

En términos interanuais, o Sistema sumou na nosa Comunidade un total de 614 afiliados (0,07%).

OURENSE:

O número medio de afiliados á Seguridade Social Na provincia de Ourense alcanzou o pasado mes os 96.994 ocupados, tras aumentar en 260 persoas (0,27 %).

En términos interanuais, o Sistema descendeu un total de 203 afiliados (- 0,21 %).



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.