O vindeiro Pleno do Congreso dos Deputados

Logo dunha semana sen actividade por causa da campaña das eleccións ao Parlamento Europeo, teremos un próximo Pleno do Congreso dos Deputados que comezará o martes, 27 de maio, ás 16:00 horas, co debate da toma en consideración da Proposición de Lei do Grupo Parlamentario Socialista, reguladora das medidas tributarias para as rendas non declaradas de emigrantes retornados.

A continuación, debaterase a Proposición de Lei de IU, ICV, EUIa, CHA; de prohibición de prospeccións e explotacións de hidrocarburos non convencionais mediante fractura hidráulica (fracking).

 Posteriormente, abordaranse as proposicións non de lei. A primeira, impulsada polo Grupo Popular, refírese á entrada en vigor da nova estratexia española de seguridade e saúde no traballo 2014-2020, mentres que a segunda, impulsada polo Grupo Socialista, é relativa á tarifa eléctrica aplicable a regadíos. 

A sesión do martes concluirá co debate das mocións consecuencia de interpelacións urxentes. Primeiro veranse dous do Grupo Mixto, unha de Amaiur, sobre propósitos do Goberno para corrixir a erosión de dereitos fundamentais, e outra de Coalición Canaria sobre das prospeccións de hidrocarburos fronte ás costas canarias das illas de Lanzarote e Fuerteventura. O debate continuará coa moción do Grupo Socialista relativa ás políticas do Goberno para garantir o dereito á vivenda ás familias con dificultades económicas; e para rematar a de CIU sobre o cambio de modelo de Formación Profesional introducido pola LOMCE, que a devalúa, e as consecuencias da súa aplicación. 

O Pleno do Congreso dos Deputados renovarase o mércores, 28 de maio, ás 09:00h, coa sesión de control ao Goberno e o debate das interpelacións urxentes.
 
Xa durante a xornada do xoves, o Pleno verá varios dictames da comisión de Asuntos Exteriores sobre convenios internacionais. 

Ademais, e no caso de que algún grupo parlamentario presente enmendas de devolución ou de texto alternativo, abordaranse os debates de totalidade do Proxecto de Lei de Parques Nacionais; e do Proxecto de Lei de transformación do Fondo para o Financiamento dos Pagos a Proveedores. 

Finalmente, debateranse e votarán as Propostas de Resolución presentadas con motivo do debate da Memoria sobre o estado, funcionamento e actividades do Consello Xeral do Poder Xudicial e dos Xulgados e Tribunais de Xustiza, correspondente ao ano 2012. 


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.