Eleccións Europeas: peche de campaña no barrio da Ponte


Estiven hoxe  no ourensán barrio de A Ponte, Parra participar nun mitin  onde houbo intervencións de Marinel Fernández, Jesús Vázquez e de Rosendo Fernández.  

 Este foi o meu discurso:

"Señoras, Señores. Boas tardes.

Quedan menos de catro horas para rematar a campaña electoral e teño a gran sorte de ser invitado polo Partido Popular de Ourense, para intervir no mitin de peche da nosa Cidade.

E xustamente no local da moi histórica Sociedade Artística A Troya, neste entrañable barrio, á beira da ponte romana e do Río Miño.

! Non podería estar en mellor sitio, nin en mellor compañía !

As miñas primeiras palabras son de sinceiro agradecemento, polo constante e continuo apoio ás candidaturas do Partido Popular que este barrio prestounos en tantas e tantas eleccións. Moitas grazas.

O domingo celebramos eleccións ao Parlamento Europeo e levamos toda a campaña, tratando de animar aos electores para que participen. Tratando de que estos comicios non os gañe o “Partido da Abstención”.

Algúns din, que non merece a pena, que estas eleccións non son importantes, que Europa queda moi lonxe e que ademais os escándalos que todos os días están nos medios de comunicación, fan que desconfíen de todos os políticos e anúnciannos que pasan de votar.

Respecto disto último, eu quero transmitirlles as nosas desculpas a todos Vdes. por aqueles casos de corrupción e mal goberno que afectaron nalgúns casos ao Partido Popular. Somos os primeiros en rexeitar esas condutas duns poucos porque afean o bo e digno traballo da maioría. Confiamos en que a Xustiza poña a cada un no seu sitio. 

E sobre aquelo de que Europa está lonxe, pois teño que dicirlles rotundamente que non.

Tan Europa é Ourense, como Berlín, Londres, París, Atenas ou Roma. Tan europeo é un galego como un polaco, un holandés o ou un danés. Os galegos somos europeos de “primeira” como o acredita a identidade histórica do Camiño de Santiago, por certo que leva o nome do santo patrono deste barrio.

Europa é moito máis que a unión económica e política de 28 países, ou a unión monetaria  dos 18 que comparten o euro, esa moeda que todos Vdes. levan no seu peto. 

Europa é un exemplo de éxito colectivo de máis de 60 anos de historia, que fai que 508 millóns vivamos nun espazo de paz, liberdade, seguridade e de prosperidade. Iso si, non exento de problemas, nin de retos, nin de dificultades. 

Debemos votar para así poder participar activamente na construcción permanente desa Europa que se mide día a día con outras grandes potencias, a China con 1.343 millóns, a India con 1.205, os Estados Unidos con 314 millóns, ou Rusia con 143 millóns. O tamaño si que é importante, e o noso é a Unión Europea.

E douvos algungas razóns para votar a lista do Partido Popular: 

1. Porque agora que Españá estamos avanzando, non podemos retroceder.

Saímos do burato pero queda moito por facer, se ben os nosos esforzos xa están dando resultados. Crecemos o dobre que a media da UE, e o ano que vén farémolo por encima de Alemania. Detivemos a sangría do paro e empezado a crear emprego neto.

Hoxe temos en España 304.000 parados menos que fai un ano e en Ourense 2.217 menos. 

2. Porque non sucumbimos ao rescate nin aos mercados.

. Malia a enorme débeda herdada do goberno socialista de Zapatero, conseguimos recuperar a credibilidade.

. España salvouse de dúas crises: a de a débeda e a financeira.

. Evitamos un rescate co que perdésemos a nosa soberanía.

3. Porque está en xogo o Estado de Benestar 

. Estamos pagando as facturas que deixaron pendentes para garantir os servizos públicos e soster unha sanidade universal, gratuita e pública. E uns servizos sociais dignos.

4. Porque temos que continuar traballlando para asegurar as pensións presentes e futuras.

. Revalorizamos, aínda que pouco, todas as pensións.

. España xa ten 200.000 afiliados máis nun ano, que fan o noso sistema máis sostible.

5. Porque queremos que os mozos recuperen a confianza no futuro

. Xa hai 100.000 mozos menos no paro que o ano pasado.

. A reforma educativa ofrece a esperanza dunha educación de calidade orientada ao emprego.

6. Porque España ten que seguir sendo un país fiable 

. Pasamos de ser o problema de Europa a parte da solución.

. Melloramos os fondos europeos para España e para Galicia. 

7. Porque somos os únicos capaces de garantir a unidade da Nación.

. Somos é o único partido coa forza necesaria para frear aos que queren romper a nosa querida Cataluña e sacala de España e de Europa.

8. Porque os grandes retos necesitan grandes equipos.

Somos o primeiro partido de España e formamos parte esencial do maior equipo de Europa: o Partido Popular Europeo. 

Termino a miña intervención cunha referencia a unha historia que foi escrita polo poeta grego Homero na súa obra “A Odisea”, din que no século VIII antes de Cristo.  Ten relación co nome desta Sociedade Artística.

Había unha vez un rei chamado Príamo. Era o rei de Troya, unha cidade grande e amurallada.

Príamo tiña dous fillos varóns: Paris e Héctor. Paris era famoso pola súa beleza e Héctor distinguíase polo seu valor.

Un día, o príncipe Paris foi á cidade de Esparta e coñeceu alí á muller máis bela de toda Grecia. Chamábase Helena e era a esposa do rei Menelao. Paris quedou encantado pola beleza de Helena e decidiu levarlla consigo a Troya. 

Cando o rei Menelao decatouse de que raptaran á súa esposa, cheo de furia convocou a todos os reis de Grecia a declarar a guerra. Reuniron máis de mil naves e moitísimos soldados e partiron cara a Troya, desembarcaron fronte ás súas murallas e rodearon a cidade.

Durante o día atacaban; pola noite descansaban para recuperar as súas forzas. O grego máis valente era Aquiles. O máis valente dos troyanos era Héctor, irmán de Paris.

A loita era tan parella que ían xa dez anos de guerra e non había un ganador. Os soldados gregos, cansados de loitar, empezaban a pensar en volver aos seus fogares. 

Ulises, un dos reis gregos, non quería retirarse sen gañar e tivo unha idea.

Seguindo as súas indicacións, os gregos construíron un enorme cabalo de madeira, e dentro del esconderon a moitos soldados. Todos os demais subíronse aos seus barcos e simularon que volvían a Grecia, pero realidade, só foron ata unha illa próxima.

Ao ver isto, os troyanos grandes crentes nos deuses, caeron no engano. Aceptáron para ofrendalo aos deuses, ignorando que era un ardid de Odiseo, o capitán dos gregos para traspasar as súas murallas. Saíron da cidade a festexar e foron ata a praia. Todos se preguntaban que significaba ese enorme cabalo de madeira. 

Sinón, un espía grego, convenceu aos troyanos para que metesen o cabalo, explicándolles que era un agasallo de Poseidón para Atenea (deusa da guerra). Pola noite os troyanos decidiron entrar o cabalo á cidade. Para iso, polo seu tamaño, tiveron que romper parte da muralla. Puxérono na praza central.

Fixeron unha gran festa. Tomaron moito viño, comeron e bailaron, sen imaxinar o que ía suceder.

De súpeto, cando a festa estaba por chegar ao seu fin, Sinón deixou saír aos soldados gregos armados do cabalo, e abriron o resto das portas ao exército que volvera cos seus barcos e ingresaban tamén pola muralla rota. Os troyanos non puideron defenderse e os gregos mataron aos gardiáns, capturando e incendiando a cidade, que finalmente foi destruída.

Este é o famoso “Mito de Troya”.

Pois ben:

Estas eleccións europeas do próximo domingo non son un mito, son unha realidade.

Os españois non estamos en guerra cos europeos, pero si que temos que librar nos próximos cinco anos moitas batallas políticas para defender os nosos intereses en Bruxelas. 

O Parlamento Europeo é esa Troya, á que temos que levar a cincuenta e catro españois, competentes e traballadores, quenos representen e defendan.

O cabalo de madeira, é agora unha urna de cristal, e as nosas armas son os votos dos cidadáns.

Creo que será moi bo para os intereses de España que a maioría deses 54 eurodeputados sexan do Partido Popular, pero iso depende única e exclusivamente de Vdes. os electores soberanos.

Pídolles unha vez máis que confíen en nós.

Moitas grazas."

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.