Eleccións Europeas: no mitin de Ourense

Hoxe tivemos, a unha hora inusual, as 16,45, un mitin na cidade de Ourense, no Pavillon  dos Remedios, ciun chei impresionante, no que interviron,  Soraya Sáenz de Santamaría, o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo,a candidata ao Parlamento Europeo, María del Carmen Pardo, o presidente provincial do partido, José Manuel Baltar, e o presidente local, Rosendo Fernández.

Feijoo criticou que "uns queren ir ao Parlamento Europeo a refuxiarse do que fixeron aquí, ou a rescatar as súas carreiras políticas; mentres que os populares, pola súa banda queren ir a poñer en valor o esforzo que todos os españois están facendo aquí e que xa evitou o rescate. Así mesmo, os populares queren ir para que a Cámara se centre no que verdadeiramente importa aos galegos e tamén para dicir que foron membros dos Gobernos que sacaron a España da crise unha vez e que agora está encamiñado a facelo por segunda vez".

Así, como destacou Feijóo, "mentres uns non queren falar do que fixeron; outros poden falar con orgullo de todo o que os españois están agora acadando".

Por iso, pediu aos presentes "un impulso para transmitirlle á xente que o PP é un partido unido e que o seu é un proxecto claro e seguro, e tamén para poñer de manifesto que teñen ideas para Europa, como demostran gobernando en Galicia e España. Trátase, por tanto, dun impulso para poder volver a confirmar que o PP é o partido maioritario en Galicia". 

Por outra banda, o presidente do PPdeG fixo fincapé en que "non podemos permitir en Europa o que non queremos para Galicia ou España, porque nos afecta igualmente. Por iso, ve preciso responder co voto e coa mobilización".

Neste senso, Feijóo subliñou que, "mobilizándose, non se lle pon freo aos avances que tanto custaron estes anos; terase máis voz e voto no Goberno da UE; poderase presentar as credenciais no Parlamento Europeo do que nos interesa e deixar claro que non nos vale calquera cousa; e ademais, envíase unha mensaxe clara de que non botamos de menos as políticas que nos levaron á crise".


Pechou o acto a vicepresidenta Soraya Saénz de Santamaría. 

Comezou a súa intervención reflexionando sobre o papel das mulleres na política e afirmou que "elas xogan na sociedade: igual ou superior ao deles. Non nos poden dar os socialistas leccións de nada. No PP, salvo que estea Mariano Rajoy, as mulleres pechamos os mítíns ".E engadiu "pechamos os mítins e compartimos a política".

Recordou como no ano 2011, España era un problema agudo para Europa e dixo que na actualidade "somos a cabeza" e non está en discusión que España é "a locomotora de Europa", co cal cabo facerse unha pregunta, ¿ por que Alfredo Pérez Rubalcaba -o secretario xeral do PSOE- quixo adiantar as eleccións cinco meses? Pois porque deixaron a España ao bordo do rescate e decidiron que ese rescate comésello o PP", contestou.

E no mesmo sentido calficó a Mariano Rajoy, como "o galego que evitou ou rescate"

Pediu finalmente o voto responsable ao Partido Popular e advertiu das consecuencias negativas de votar aos que afundiron o país e deixaron o marrón aos seguintes.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.
Con la tecnología de Blogger.