Eleccións Europeas: no mitín de Ribadavia

Viaxei hoxe  a Ribadavia, para asistir a un mitin na Casa da Cultura onde exerceu de anfitrión o presidente local e portavoz municipal do PP, César Fernández Gil, quen lembrou a fundamental importancia que cobran as políticas europeas en sectores estratéxicos e claves para a comarca do Ribeiro como é a agricultura e a viticultura en particular, algo no que tamén incidiu o vicesecretario xeral dos populares galegos, Agustín Hernández.

O presidente provincial, Manuel Baltar, lembrou que "o número 1 da nosa candidatura, Miguel Arias Cañete, coñece como ninguén o noso sector primario. 

Defenderá ao Ribeiro". Ademáis, Baltar Blanco abundou na necesidade de que as políticas que se apliquen dende Bruselas se baseen no rigor e na xestión: "Europa é planificación e progreso, as siglas do noso partido: PP".

Tamén o presidente provincial sinalou, ao igual que a eurocandidata Carmen Pardo, a importancia que tivo Europa para o desenrolo da provincia nos últimos anos: "Ourense importa. Europa o sabe", proclamou.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.
Con la tecnología de Blogger.