Onte estiven en Laza participando nun mitín do
Partido Popular. Abríu o acto o alcalde José Ramón Barreal, quen fixo un
repaso pormenorizado aos investimentos e programas aplicados no Concello como
consecuencia dos Fondos da Unión Europea. Tamén falou do candidato Arias
Cañete, a quen valoróu positivamente polo apoio que lle prestóu desde o
Ministerio de Medio Ambiente para manter en Laza a Brigada de Reforzo contra
Incendios Forestais (BRIF).
Pola miña parte, agradecín aos numerosos asistentes o
aopio que elección tras elección, veñen prestando ao PP, e o mérito que teñen
co seu traballo diario para sacar adiante as suas familias nun concello de
montaña, que describín como un dos máis fermosos de Galicia. Reflexionéi sobre
a conveniencia de ser reflexivos á hora de votar, pois non é irrelevante a quen
escollamos para defender os nosos intereses. Defendín as políticas de Núñez
Feijóo e de Mariano Rajoy como as que nos levan a ter credibilidade, a
estabilidade e ao crecemento.
E pechóu o acto o Conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, Francisco Conde, un colaborador directo de Feijóo, que está a facer unha xestión seria e rigorosa, que está producindo resultados tanxibles coomo os contratos do sector naval. Falou da aposta da Xunta pola extratexia da biomasa que ten unha aplicación directa en concellos tan forestais como Laza.
Unha gran satisfacción ter estado neste fermosísimo concello
do sur da provincia de Ourense, lindante cos de Castrelo do Val, Chandrexa de
Queixa, Vilar de Barrio, Vilariño de Conso e Sarreaus.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.