Finalizou a Intermunicipal do Partido Popular

Finalizou hoxe en Valencia a 21 Intermunicipal do Partido Popular co discurso do presidente do Goberno e do PP Mariano Rajoy, que asegurou que “o seu Goberno vai continuar traballando para manter o Estado do benestar e para melloralo, non nos imos conformar con mantelo, ímolo mellorar". "Pero para iso hai que facer políticas, hai que ter personalidade, sentido común e cumprir co deber aínda que custe desgustos e deterioración. Iso é o que teñen que facer os gobernantes", engadiu.

Insistiu en que "estamos na boa dirección e ninguén o dubida aínda que parece que a algúns lles preocupa. Non chegamos á meta pero deixamos atrás o medo, a desesperanza e a incerteza".

"Sei que aínda hai moitos españois que o pasan mal, e me doe, pero as cousas van mellor e as cousas pronto van ir moito mellor. Algúns, aínda poucos, xa notan a recuperación, porque algúns, aínda poucos, xa encontraron traballo, e algúns, aínda poucos, xa ven que o seu negocio vai mellor, e algúns, aínda poucos, xa conseguiron crédito. Sei que son poucos pero son os primeiros e pronto haberá moitos máis que tamén o van notar. Quen non ten traballo pode hoxe ter xa a esperanza de conseguilo, apuntou.

Rajoy recordou que hai moi pouco tempo España era o país da UE que máis emprego destruía, pero que hai un mes, a oficina da Comisión Europea presentaba os últimos datos de creación de emprego en Europa, e España pasou a ser o primeiro dos 28 países da UE que máis está a facer que o paro baixe. "Falta moito, sobre todo porque o punto do que partiamos estaba moi lonxe, pero hoxe ninguén dubida da recuperación e hoxe o debate é canto de intensa vai ser a recuperación no noso país", afirmou.

Rajoy destacou que cando chegou ao Executivo, o 21 de decembro do ano 2011, o seu Goberno tivo que enfrontarse a un déficit público record en Europa -máis do 9%-, a un sector exterior en déficit, a unha economía sen competitividade, a unha inflación elevada, a un sistema financeiro na situación que todo o mundo coñece, a unha débeda externa polos aires, a unha deterioración da nosa imaxe internacional, a enormes dificultades para financiarnos, á ameaza dun rescate, e á recesión.

O presidente do PP explicou que, tras facer o diagnóstico da situación, se empezaron a emprender as reformas que requiría a economía española, do xeito máis intelixente e equitativo posible. Tras un 2012 e un 2013 con datos aínda negativos, Rajoy subliñou que a finais de 2013 xa se viu un cambio de tendencia, e destacou que "en febreiro hai máis afiliados á Seguridade Social que en febreiro de 2013, e iso é a primeira vez que se produce en España dende hai 68 meses, e en marzo por segunda vez en 69 meses tamén hai máis afiliados á Seguridade Social que en marzo de 2013, ese é o cambio".

"E en 2014 imos seguir controlando o déficit público e imos seguir facendo reformas estruturais, a máis importante de todas a reforma tributaria. Porque agora si podemos baixar os impostos, non puidemos no ano 2011 porque tivese sido un suicidio para o noso país", asegurou.

Rajoy apuntou, ademais, que en 2015 haberá máis crecemento económico e máis creación de emprego que en 2014. "Temos que seguir traballando para consolidar isto", defendeu.

Por último, Mariano Rajoy vaticinou que o Partido Popular vai gañar as eleccións europeas porque "o pobo español ten moito e moi bo olfacto". Pídovos que traballedes coa mesma pouta, ilusión, coraxe e simpatía con que sempre o fixestes", instou Rajoy os asistentes á 21 Unión Intermunicipal Popular.

 “"As eleccións ao Parlamento Europeo son moi importantes en si mesmas e, dende logo, sono para o Partido Popular e para todos os españois. Alí teñen que ir partidos europeístas, serios, que se crean as cousas, que teñan personalidade para defendelas e que estean integrados en grandes organizacións como é, no noso caso, o Partido Popular Europeo", engadiu.

Así, o presidente do Goberno e do PP destacou a importancia que teñen os comicios europeos na vida dos cidadáns, posto que a maioría das decisións xa se toman na Unión. "Este é un asunto moi serio porque ás veces non nos decatamos do que significa Europa nas nosas vidas. O 70 por cento da lexislación española é hoxe lexislación europea", sinalou Rajoy, quen puxo como exemplo o déficit e o gasto público, temas de seguridade e xustiza, estaleiros, supervisión financeira ou pesca e agricultura.

"Cando eu cheguei ás institucións europeas na miña condición de presidente do Goberno, só se falaba de que reducise o déficit e o gasto, e de nada máis. Hoxe xa se fala de máis integración europea, desemprego xuvenil, pemes, de moitas cousas. Demos a batalla do presuposto, conseguimos recursos como nunca, os agricultores españois están ben defendidos por un Goberno e por un ministro, Arias
Cañete, que deu a cara alí, e imos seguir facéndoo, finalizou.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.
Con la tecnología de Blogger.