A melloría nos datos de trens AVE foi aínda maior, do 21,8%. Ademais, durante esta Semana Santa a compañía rexistrou os catro días con máis viaxeiros na historia do AVE-LD.
Destacan os incrementos de viaxeiros nalgúns corredores de AVE, como o Madrid-Valencia cun 29,4%, o Madrid-Málaga, cun 22,2% ou o Sevilla-Valencia, cun 27,7%. A chegada da AVE a Alicante supuxo que a demanda do tren na viaxe Madrid-Alicante crecese o 51% fronte á Semana Santa anterior. Pola súa banda a AVE Madrid-Zaragoza-Barcelona creceu un 13%.
Recordemos
que desde a posta en marcha da nova política comercial e tarifaria de RENFE
creceu o número de pasaxeiros, os ingresos e a ocupación. Así, os resultados do
primeiro ano (feb 2013-feb 2014) foron que o AVE creceu en viaxeiros un 23,47%,
ata os 14,9 millóns de pasaxeiros, e en ingresos o 6,95%, ata os 784 millóns de
euros. E mellorou a ocupación media dos trens un 12,3% con 2.834.012 novos
clientes nun só ano.
Parabens á Ministra e por suposto ao presidente de RENFE, Julio Gómez Pomar.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.