jueves, 24 de abril de 2014

Na "Tribuna AGEINCO 2014"

Hoxe viaxei a Vigo invitado pola Asociación Galega de Empresas de Enxeñería , Consultoría e Servizos Tecnolóxicos para protagonizar a primeira "Tribuna AGEINCO" de 2014, na que falei do cambio experimentado na situación económica de España que evidencia unha decidida recuperación, tamén dos proxectos de futuro en materia de infraestructuras e por suposto para escoitar da asociación as súas inquietudes.

Nesta reunión participaron 12 empresas galegas e asistiron a deputada e portavoz adxunta na Comisión de Economía e Competitividade, Irene Garrido Valenzuela, e a delegada da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch. 

Falei do enorme esforzo orzamentario en Galicia,  do Ministerio que con gran eficacia e determinación dirixe Ana Pastor, nos anos 2012,2013 e 2014 e de que Fomento traballa xa nos primeiros pasos da preparación dos orzamentos de 2015 e que confío en que tendo en conta a mellora das finanzas públicas sexa posible ter un aumento reseñable de investimento público en España, que vai ser máis ordenada e racional porque se trata de aplicar os recursos públicos dun xeito eficiente. Neste sentido, adiantei que unha das prioridades será a conservación e o mantemento das infraestructuras. 

Fixen un repaso aos avances nos proxectos inversores en estradas en Galicia como as autovías Ourense-Ponferrada, Lugo-Santiago e Vilaboa-A Hermida.

Sobre o AVE de conexión coa Meseta informei que o obxectivo co que se está traballando é o de 2018, e resaltei que o próximo ano por estas datas esperaba que a liña xa chegue a Zamora e que nos quitemos 40 minutos no traxecto desde Ourense a Zamora. Así, viaxar a Madrid desde a cidade das Burgas só levaríanos 4 horas.

Recordei que a calidade da liña será a desexada e que a plataforma será dobre. Ademais, sinalei que ADIF está desenvolvendo políticas sensatas e priorizando na execución que leva un no ritmo.

Celebrei os recentes avances na variante dos últimos 17 quilómetros da liña, entre Taboadela e Ourense, que vai para adiante, esperando que tras cumprimentar os tramítes en curso de tipo ambiental, poidan licitarse as obras.

Pola súa banda, AGEINCO trasládoume a necesidade de acometer novas infraestructuras en España e en Galicia, así como as necesidades que teñen as empresas/pemes de consultoría de cambiar a redacción dos pliegos de condicións que se rexan por criterios máis obxectivos, acabando coas baixas presupuestarias temerarias. Na actualidade o criterio económico centra o peso da oferta e o técnico non ten ningún valor. Hai que buscar o equilibrio e a obxetividade, explicou Andrés Soage, presidente de AGEINCO, que tamén pediu en nome dos asociados que se inclúa nos pliegos a clasificación das consultorías, do mesmo xeito que se fai cos pliegos das constructoras. Tomei nota desta problemáticas e apuntei a necesidade de solucionar esta cuestión da mellor forma posible para todas as partes.

Andrés Soage tamén trasladou a necesidade de liquidar os problemas de solvencia económica xa que "as empresas de enseñería galega estamos facendo o esforzo por saír ao mercado internacional pero atopámosnos con problemas de solvencia e financiamento". 

Nesta parte da tribuna a deputada e portavoz adxunta na Comisión de Economía e Competitividade, Irene Garrido Valenzuela, recordou "a importancia da Unión Europea, porque moitos asuntos decídense alí" e tomou nota para buscar posibles solucións. Neste sentido emplacei á directiva de AGEINCO a trasladasen todas estas cuestións por escrito e a manter unha posterior reunión ao obxecto de conseguir que a Administración achéguese máis ás necesidades do tecido empresarial.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.