Sobre a tramitación no Senado do Proxecto de Lei Básica das Cámaras Oficiais de Comercio, Industria, Servizos e Navegación

Como xa informei neste blog, o Proxecto de Lei Básica das Cámaras Oficiais de Comercio, Industria, Servizos e Navegación foi aprobado o 11 de febreiro pola Comisión de Economía e Competitividade do Congreso que actuaba con competencia lexislativa plena. 

E agora atópase nestes en fase de tramitación no Senado, onde os diferentes Grupos Parlamentarios prsentaron 102 enmendas, que serán vistas desde as 10,30 horas na ponencia que foi convocada para o martes 4 de marzo. 

A seguinte semana verase este proxecto de Lei no Pleno da Cámara Alta. De ser admitida algunha enmeda, terá que volver ao Congreso dos Deputados que terá a última palabra.


http://www.senado.es/legis10/expedientes/621/enmiendas/index_cua_621000064.html

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.
Con la tecnología de Blogger.