Sobré a recuperación do sector aéreo

Asistin a primeira hora da mañá en Madrid a un Almorzo Informativo, organizado  por "Nueva Economía Forum" no que a ministra de Fomento Ana Pastor presentou ao presidente de Globalia, Juan José Hidalgo.

Na súa intervención a ministra afirmou que o sector aéreo comezou xa a súa recuperación sumándose á evolución positiva da nosa economía.

Ana Pastor sinalou que os últimos resultados do conxunto de aeroportos de AENA son esperanzadores, cun incremento do tráfico de pasaxeiros en decembro do 2,9% e do 2,5% en xaneiro. A iso sumar, por cuarto mes consecutivo, o crecemento rexistrado no mes de febreiro.

No mes de febreiro confirmouse, ademais, o aumento continuado do tráfico internacional, que alcanza o 7% de crecemento respecto ao mesmo mes do ano anterior.

En Madrid Barajas conseguiuse ademais revertir a situación do aeroporto, ao rexistrarse en febreiro por primeira vez en 36 meses datos positivos en número de pasaxeiros, cun incremento rexistrado do 1,5%. A ministra subliñou que estes datos son unha boa noticia, sobre todo polo crecemento do tráfico doméstico.

Dixo ademais que AENA contribúo a que isto sexa posible, grazas á súa política comercial e de marketing aeroportuario e engadiu que seguirá traballando para facilitar o desenvolvemento da actividade turística no noso país; un dos alicerces da súa economía e do seu crecemento.

"O sector aéreo xoga un papel crave para seguir sendo unha potencia turística", afirmou a ministra, quen recordou que 130 millóns de pasaxeiros internacionais pasaron durante 2013 polos aeroportos da rede de Aena, un "récord histórico en chegada de turistas aos nosos aeroportos".


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.
Con la tecnología de Blogger.