En España, Galicia e Ourense, baixa o paro rexistrado en febreiro

O Servizo Público de Emprego Estatal difundiu hoxe os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de febreiro  de 2014

Son os seguintes:

Ourense:

Baixa o paro rexistrado en febreiro en relación co mes anterior en 154 persoas, un – 0,50 %.

O numero de parados queda en 30.503, deles 14.784 son homes e 15.719 mulleres, 28.504 son maiores de 25 anos e 1.999 menores.

Por sectores, 1.374 son da agricultura, 4.437 da industria, 4.314 da construción, 17.940 nos servizos e 2.438 do colectivo sen emprego anterior.

O descenso do paro en Ourense, supera ó de Galicia e o do conxunto do Estado.

Galicia:

O paro rexistrado de Galicia baixou en febreiro en 1.006 persoas con respecto a xaneiro, un - 0,36 %. O número de parados queda fixado en 280.071, deles 137.182 son homes e 142.889 mulleres, 262.518 son maiores de 25 anos e 17.553 menores.

Por sectores, 9.729 son da agricultura, 38.781 da industria, 41.445 da construción, 168.447 nos servicios e 21.669 do colectivo sen emprego anterior.

O paro baixou en todas as provincias, sendo o mellor dato o de Lugo, -0,78 %.

Das case 2.000 persoas que buscaban emprego en España e o atoparon, a metade están en Galicia.

 Con estes datos, en Galicia hai hoxe 12.752 persoas menos en paro que hai un ano.

Por tanto, é unha boa noticia que demostra unha vez máis signos inequívocos de recuperación na economía española e mantén o diferencial positivo de Galicia.
  

España:

O paro baixou en febreiro en 1.949 persoas, un – 0,04 %. Queda situado en 4.812.486 persoas. Deles 2.334.622  son homes e 2.477.864 son mulleres. 4.383.779 son maiores de 25 anos e 428.707 menores.

Por sectores, 216.083 son da agricultura, 507.583 da industria, 643.061 da construción, 3.067.530 nos servizos e 378.229 do colectivo sen emprego anterior.

É a primeira redución do paro rexistrado nun mes de febreiro desde o inicio da crise. E procede recordar que, nos últimos 5 anos, o paro rexistrado no mes de febreiro crecera máis ou menos en 95.233 persoas.

Durante os últimos doce meses o paro rexistrado diminúo en 227.736 persoas. A taxa interanual, que en outubro se situou en valores negativos por primeira vez desde maio de 2007, continúa caendo ata o -4,52%. Desta forma, acumula xa un descenso de máis de 17 puntos desde que, en mayo de 2012, alcanzase un valor de 12,5%. 

En términos desestacionalizados, o paro baixou en 55.353 persoas. É a maior caída de toda a serie histórica. O paro desestacionalizado acumula sete meses consecutivos de redución, por primeira vez desde o ano 1999.

Entre os menores de 25 anos o paro rexistrado diminúo nos últimos 12 meses en 51.159 persoas, o que supón un descenso do 10,7%.

O paro rexistrado baixo en 12 Comunidades Autónomas, encabezadas por Aragón (-5.045), Cataluña (-4.285) e Estremadura (-1.996). Sobe, en cambio, en 5, encabezadas por Andalucía (9.674) e Castela-A Mancha (2.435).


Por sectores económicos, o paro rexistrado presenta as seguintes variacións respecto de xaneiro: descende en 6.150 (-0,95%) entre os traballadores cuxa última actividade foi a construción, en 4.948 (-0,97%) entre os procedentes da industria, e en 3.752 (-0,12%) entre quen traballaran nos servizos. Pola contra, o paro aumenta entre os traballadores cuxa última actividade fora a Agricultura en 7.909 persoas (3,80%)

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.


Con la tecnología de Blogger.