Participei desde
as 8,35 horas do día de hoxe no faladoiro de Radio Voz que modera Antía Díaz
Leal e na que tres parlamentarios nacionais abordamos a actualidade.
O primeiro tema
proposto foi a decisión adoptada onte pola Comisión Europea, de retirar a
España da lista de países con desequilibrios macroeconómicos excesivos.
Dixen que é unha gran noticia que logo de tantos esforzos recoñézase que España
xa non merece estar no grupo dos ameazados con sancións por incumplir as variables
económicas fundamentais. Noticia que contribuirá ademais a reforzar a confianza
nas súas finanzas públicas.
Resaltei que a Comisión sinala agora a Francia e Italia como os dous países que
supoñen un maior risco para a eurozona tendo en conta as súas dimensións. Ambos
países están ameazados por unha perda constante de competitividade e, sobre
todo Italia, por un nivel excesivo de débeda pública.
Polo que respecta a España, a Comisión considera que realizou un axuste
significativo ao longo de 2013 e que, de manterse a tendencia actual,
posiblemente seguirá reducindo os seus desequilibrios de forma gradual.
Valorei como moi positivo o que o vicepresidente, Vicepresidente da Comisión
Europea responsable de Asuntos Económicos e Monetarios e do Euro, Olli Rehn,
felicitase a España polas accións firmes emprendidas no último ano, aínda que
recordando que temos pendentes retos importantes centrados no alto desemprego e
a gran débeda pública. A Comisión considera que España debe proseguir un
desapalancamiento ordenado e unha transformación estructural da economía que
contribúa a un crecemento sostenible, abordando así mesmo as cuestións sociais.
E que en canto ao mercado laboral, a Comisión ve necesario que España se apoie
nos efectos positivos das recentes reformas para a flexibilidade interna e os
salarios, pero afirmou que se poderían concibir reformas adicionais. Así mesmo,
no informe apúntase que a destrución do emprego parece estar chegando ao seu
fin.
Neste punto falei logo dos últimos datos de emprego coñecidos en España que acreditan que por primeira vez en febreiro baixou o paro desde o comezo da crise, que creceu a contratación indefinida un 7 %, que hai 227.736 parados menos que fai un ano, que hai 44.433 autónomos máis que fai un ano e que aumentou a afiliación á seguridade Social en 39.000 traballadores. Datos relevantes que evidencian a senda de recuperación na que estamos, pero que non nos poden facer caer en ningún tipo de triunfalismo, xa que segue habendo aínda 4.812.486 parados rexistrados.
Tamén nos propuxo a moderadora que falásemos sobre o recente estudo da Axencia de Dereitos Fundamentais da Unión Europea, que mostra que en Europa o 33 % das mulleres, é dicir 62 millóns, foron vítimas de violencia física ou sexual nalgún momento.

Uns datos que
cualifiquei de preocupantes pola sua dimensión e rechamantes no sentido de que
este tipo de violencia afecta máis aos países do norte que aos do sur.
Respecto de
España, este estudo, afirma que o 4 % das españolas confesan ser vítimas de
violencia física ou sexual no último ano, unha cifra relevante, pero en todo
caso a metade da media europea.
Aludín a que o
estudo, confirma que España é un dos países da UE que contan con máis recursos
e campañas de sensibilización na loita contra a violencia de xénero e onde se
traballa mais para erradicarla.
Finalmente Antía
Diaz pediunos opinión sobre a noticia coñecida onte de que por fin en España, o
número de mulleres nos consellos de administración das empresas do IBEX-35
iguala a media europea.
Dixen que era unha moi boa noticia pois en 2005 a
presenza de mulleres era tan só do 5 % e agora é do 16,6 % e que todo
evidenciaba que se ía na boa dirección de que as mulleres representen polo
menos o 40 por cento dos postos directivos nas empresas cotizadas en bolsa
dentro da UE para 2020.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.