Sobre o vindeiro Pleno do Congreso

O Pleno da próxima semana comeza o martes, 18 de marzo, co debate de toma en consideración das proposicións de lei de UPyD relativa á regulación dun contrato de traballo único indefinido e do PNV de modificación da Lei 50/1997, de 27 de novembro, do Goberno.

A continuación veranse as proposicións non de lei de Amaiur (Grupo Mixto) sobre o futuro da central nuclear de Santa María de Garoña; e do Grupo Popular pola que se insta ao Goberno a mellorar as políticas de asistencia a presos españois en terceiros países e axilizar o seu traslado a prisións españolas.

Tamén están previstas as mocións consecuencia das interpelacións urxentes debatidas a semana anterior; do Grupo Parlamentario Socialista, sobre a actuación do Goberno en relación á morte de 15 persoas en Ceuta o pasado 6 de febreiro; do Grupo Parlamentario de IU, ICV-EUiA,CHA: A Esquerda Plural, sobre a elaboración, implantación e avaliación do currículo básico da Educación Primaria e a Formación Profesional Básica (FPB); e do Grupo Parlamentario Catalán, sobre a necesidade de impulsar unha política fiscal, financeira e orzamentaria de apoio á cultura, nas súas diferentes linguas e ás actividades culturais.

O mércores, ás 9,00 horas, renovarase o Pleno coa sesión de control ao Goberno e a formulación das interpelacións urxentes.

Ao término da sesión de control, o Goberno pedirá autorización á Cámara, de acordo co mecanismo previsto no artigo 17.1 da Lei Orgánica 5/2005 da Defensa Nacional, para o despregue e a participación das forzas armadas na operación militar da Unión Europea na República Centroafricana, (EUFOR RCA).

O xoves, a partir da mesma hora, decidirase sobre a convalidación ou derrogación do Real Decreto-Lei 4/2014, de 7 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes en materia de refinanciación e reestructuración de débeda empresarial.

Tamén se verán as enmendas do Senado ao proxecto de Lei de seguridade privada; o Proxecto de Lei pola que se modifica o texto articulado da Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Vial; e o proxecto de Lei Básica das Cámaras Oficiais de Comercio, Industria, Servizos e Navegación.

Unha vez que o Pleno do Congreso decida si ratifica ou revoga os cambios introducidos polo Senado a estas iniciativas, concluirá a súa tramitación parlamentaria e serán publicadas no Boletín Oficial do Estado (BOE) para entrar en vigor.

Para rematar, debateranse as enmendas de totalidade ao proxecto de Lei pola que se modifica a Lei 26/2007, de 23 de outubro, de Responsabilidade Medioambiental; e decidirase sobre a tramitación directa e en lectura única do Proxecto de Lei pola que se modifica a Lei 12/2002, de 23 de maio, pola que se aproba o Concerto Económico coa Comunidade Autónoma do País Vasco.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.
Con la tecnología de Blogger.