sábado, 15 de marzo de 2014

Adiante coa reforma fiscal

Onte o Goberno recibiu o informe dos expertos sobre a  reforma fiscal, que servirá de base ao Executivo para preparar o proxecto de reforma tributaria "integral e completa" que presentará en xuño ás Cortes. 

A vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, afirmou que a proposta sobre reforma fiscal, realizada pola comisión de expertos designada polo Goberno, non é o proxecto do Executivo. "Haberá asuntos nos que o Goberno pode compartir ese parecer e outros en que o Executivo, e especialmente o Ministerio de Facenda, poden propoñer outras cuestións".

O obxectivo desta proposta da comisión de expertos, que se enviará ás Cortes, é abrir un debate sobre a reforma fiscal no noso país. "Queremos que especialmente os grupos parlamentarios poidan manifestar a súa opinión de cara á elaboración das oportunas leis tributarias e o seu regulamento por parte do Goberno", dixo Sáenz de Santamaría.

A vicepresidenta , que felicitou á comisión polo seu traballo, destacou que a súa posta en marcha seguiu "as mellores prácticas internacionais na formulación de reformas fiscais globais que afectan ao sistema tributario dos Estados no seu conxunto" e engadiu que "abre un camiño na forma de levar a cabo os debates previos á aprobación dunha reforma fiscal que xa ten antecedentes en España en anos pasados".

Avanzou o calendario previsto para que o Goberno elabore as leis de reforma fiscal. "A partir das achegas por parte dos grupos no debate, o Goberno analizase o informe exhaustivamente e procederá a elaborar as leis de reforma durante os meses de marzo, abril e maio, de caraá súa presentación nas Cortes Xerais ao longo do mes de xuño".

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.